Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

A formación profesional no sistema educativo comprende un conxunto de ciclos formativos cunha organización modular, de 2000 horas de duración e contidos teórico-prácticos adecuados aos diversos campos profesionais.

Os ciclos formativos están referidos ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Poden ser de grao medio ou de grao superior, e a súa duración é de dous cursos académicos. Tanto os de grao medio como os de grao superior inclúen un módulo de formación en centros de traballo, FCT, indispensable para a obtención do título académico. Son prácticas de carácter non laboral que se desenvolven nun ámbito produtivo real con contidos consistentes e a realización de actividades produtivas propias do perfíl profesional.

CONDICIÓNS DE ACCESO:
Tipos de acceso:
Directo Proba acceso
Grao medio

Ter título ESO (ou equivalente)

Ter título profesional básico (C.B.)

Non ter a ESO

Idade mínima 17 anos

Resumo proba

Grao superior

Ter título bacharel (ou equivalente)

Ter título de técnica/o (C.M.)

Non ter bacharelato nin ciclo medio

Idade mínima 19 anos

Resumo proba

TITULACIÓNS:

Cando conclúas un ciclo formativo podes obter estes títulos:

  • Técnico/a da correspondente profesión, en caso de superar todos os módulos que integran o ciclo formativo de grao medio. No mundo laboral, acredítate unha cualificación de nivel 2 dentro da Unión Europea.
  • Técnico/a superior da correspondente profesión, se os módulos que superaches integran un ciclo formativo de grao superior. A cualificación que te acredita no mundo laboral é a de nivel 3 dentro da Unión Europea.

Co título de técnico/a podes acceder ao primeiro curso de bacharelato ou a un ciclo superior de FP. Co título de técnico/a superior podes acceder directamente, sen necesidade de proba de acceso, a calquera ensinanza universitaria de grao. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso faríase tendo en conta a nota media do ciclo. Para mellorar esta nota de acceso é posible presentarse á parte voluntaria da ABAU.

Formación Profesional Dual:

A Fp dual é unha modalidade de oferta dentro da formación profesional que se realiza en réxime de alternancia entre o centro educativo e a empresa, cun número de horas ou días de estancia nesta e no centro educativo de duración variable.

Os centros e as empresas comarten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Nesta modalidade dual, os ciclos formativos pódense distribuír en 2 ou 3 anos.

PARA CONSEGUIR MÁIS INFORMACIÓN:

  • CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil
  • Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais Edificio Administrativo de San Caetano.15781- Santiago de Compostela Tel.: 981 544 400 - Fax: 981 546 550
  • Servizo de Formación en Empresas e Orientación Profesional Tel.: 981 546 536 - Fax: 981 546 551
  • Departamentos de orientación dos centros educativos
  • Na páxina web: www.edu.xunta.es/fp/

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión