Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

Descontos, promocións e vantaxes do Carné Xove

TIPOS DE DESCONTOS:

1. Europeos

2. Xerais a nivel nacional

3. En Galicia: A CORUÑA, LUGO, OURENSE, PONTEVEDRA

4. As persoas que sexan titulares do Carné Xove, e ademais sexan socias das Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, poderán utilizar o servizo de préstamo a domicilio de guías de viaxe do Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña, PRÉSTAMO VIAXETECA.

5. Temporais. As persoas usuarias do carné xove poderán obter descontos de ata un 25% nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A porcentaxe de desconto aplicable en cada caso especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.

Non debedes esquecer que todos os descontos que figuran non serán de aplicación en período de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta.

As entidades colaboradoras, en caso de dúbida sobre a identidade de quen presenta o Carné Xove, poden solicitar, para os efectos de comprobación, a presentación do DNI.

Carné Xove non pode responder dos descontos non efectuados e das posibles variacións sobre a porcentaxe destes no estranxeiro. Neste caso trasladarase a incidencia á organización de cada país e á Asociación Europea del Carné Joven (EYCA).

A aplicación dos descontos nos servizos e/ou artigos realizarase no enderezo dos colaboradores que se indica para cada paso. Se houbese calquera outro sitio ou procedemento (venda anticipada) será preciso informarse en cada caso.

SEGURO:

Os posuidores do Carné Xove tedes un seguro de balde que cobre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

As características principais das garantías de asistencia son as seguintes:

Asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe.

  • Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos.
  • Transporte dos acompañantes.
  • Inmobilizacións nun hotel.
  • Repatriación ou transporte do asegurado falecido.
  • Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro.
  • Regreso anticipado por falecemento ou hospitalización dun familiar en España do asegurado incluíndo a transmisión de mensaxes urxentes.
  • Servizos de información para viaxes ao estranxeiro.
  • Anticipo de gastos de hospitalización no estranxeiro.
  • Localización de intérprete en caso de accidente ou enfermidade no estranxeiro.
  • Servizo de información sobre asistencia médica.
  • Servizo de trámites administrativos para hospitalización.
  • Billete de ida e volta para un familiar.
  • Gastos de aloxamento para un familiar.

Asistencia por danos á equipaxe.

  • Envío e/ou reenvío de obxectos esquecidos e/ou roubados no transcurso da viaxe.
  • Roubos e danos á equipaxe.
  • Atraso na entrega de equipaxe.
  • Gastos de reposición da documentación de viaxe.
  • Roubo na caixa forte do hotel.
  • Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.

Asistencia por atraso dos medios de transporte.

  • Atraso na saída da viaxe.
  • Cancelación da viaxe por folga.
  • Perda da conexión por atrasos.
  • Perda do medio de transporte por accidente "in itinere".
  • Atraso por "over booking".

Asistencia por responsabilidade civil.

  • Responsabilidade civil no estranxeiro.
  • Anticipo de gastos de defensa legal no estranxeiro.
  • Anticipo de fianza xudicial no estranxeiro.
  • Servizo de información legal.
  • Procura de representante legal no estranxeiro.
  • Obtención de salvocondutos.

Para consultar polo miúdo as coberturas e exclusións do seguro descarga o pdf adxunto.

Todas estás prestacións serán efectuadas baixo petición expresa do asegurado a: 

CASER, SA.

Av. de Burgos, 109 28050 Madrid

Teléfonos:

  • En España: 902 100 728
  • No estranxeiro: +34 91 594 96 74

CASER, SA. garante as prestacións dos servizos coa maior dilixencia e durante as 24 horas do día.

O número de póliza do seguro é: 19.227.336

No pierdas

Actividades

Dónde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • C/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Mail: cmix@coruna.es
  • Horario: de lunes a viernes, de 10 a 14 y de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verano: cerrado los sábados.
  • Agosto: de lunes a viernes, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servicio de orientación legal: de lunes a jueves, de 17 a 20 h.
  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?