Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Por preferencia sexual adoita entenderse con qué sexo tes relacións sexuais, prefires telas ou fantaseas con telas... Aínda que é interesante pensar na preferencia sexual nun sentido máis amplo: pódeche gustar a xente de pelo louro ou moreno, "intelectuais" ou deportistas, fans do hip-hop ou da música electrónica, etc...

É dicir, a preferencia sexual non é só cuestión de ser homosexual, heterosexual ou bisexual. A sexualidade está en constante evolución e moita xente está no medio desa evolución. As persoas cambian co paso do tempo, e con elas a súa sexualidade.

Consellos para gozar da SEXUALIDADE

O sexo é unha experiencia positiva sempre que esteas seguro do que fas, fagas o que che apeteza, con quen che apeteza, cando che apeteza e con información suficiente para protexerte a ti mesmo e aos demais.

Ter relacións sexuais non significa necesariamente que teña que haber penetración.

Sexo tamén é:

  • Acariñarse e descubrir partes do corpo onde gusta acariñarse
  • Bicarse (e non só na boca)
  • Abrazarse e sentir un corpo contra outro
  • Xogos eróticos
  • Masturbación mutua

Bótalle imaxinación, non te cortes, ponte de acordo coa túa parella e dille o que che gusta e o que non.

Pensa que o principal órgano sexual é a túa cabeza.

Se te decides pola penetración, non esquezas todo o anterior. Só coa penetración pode ser difícil que unha moza chegue a un orgasmo.

Protéxete. Non esquezas que a sida e outras enfermidades, e os embarazos non desexados, poden darse cunha única práctica de risco.

Non te axudes do alcol e as drogas para manter relacións sexuais. Gozarás máis e non correrás o risco de facer cousas das que logo poderías arrepentirte ou das que case nin te acordes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión