Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

O voluntariado é unha forma de participación da sociedade na atención das necesidades de interese xeral, a través de actividades realizadas de forma altruísta, desinteresada e solidaria.

Para considerarse voluntariado ten que reunir os seguintes requisitos:

  • Debe ter un carácter solidario.
  • A súa realización ha de ser libre e asumida voluntariamente, sen que teñan a súa causa nunha obriga persoal ou deber xurídico.
  • Que se realicen sen contraprestación económica ou material, sen prexuízo de aboamento dos gastos reembolsables que a realización da acción voluntaria lles ocasione ás persoas voluntarias de acordo co establecido na normativa.
  • Que se desenvolva a través de entidades de voluntariado segundo programas concretos tanto dentro como fóra do territorio español.

Sexa cal for a modalidade que che interese, debes saber que a acción voluntaria está regulada pola lei. Se queres saber, por exemplo, cales son os teus dereitos e obrigas como persoa voluntaria consulta aquí a lexislación vixente en materia de voluntariado:

Áreas de actuación na acción voluntaria

Calquera actividades de interese xeral vinculadas á acción social e aos servizos sociais, as de natureza sociosanitaria, defensa dos dereitos humanos, da infancia, das persoas con discapacidade, da efectividade dos dereitos en condicións de igualdade das mulleres, educativas, de cooperación e desenvolvemento, de loita contra a pobreza e a exclusión social, culturais, de defensa do patrimonio cultural, científicas, de fomento do uso de novas tecnoloxías, de protección civil, de prevención de situacións de emerxencia, de protección de persoas consumidoras e usuarias, deportivas, de lecer e tempo libre, de defensa ecolóxica e protección do medio ambiente, de defensa dos dereitos lingüísticos, de dinamización do mundo rural, de defensa da economía ou da investigación, de desenvolvemento da vida asociativa, de fomento da acción voluntaria ademais de todas aqueloutras que, axustándose ao disposto na normativa, poidan contribuír á consecución dos principios da acción voluntaria.

En definitiva, aquelas actividades que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas e da sociedade en xeral e protexer e conservar a contorna.

Que non é voluntariado?

Non terán consideración de actividades de voluntariado as seguintes:

  • As illadas ou esporádicas, periódicas ou non, prestadas á marxe de entidades de voluntario.
  • As executadas por motivos familiares, de amizade ou de boa veciñanza.
  • As que se realicen en virtude dunha relación laboral, funcionarial, mercantil ou de calquera outra mediante contraprestación económica ou material.
  • As bolsas con ou sen prestación de servizos ou calquera outra actividade similar cuxo obxectivo principal sexa a formación.
  • As prácticas non laborais en empresas ou grupos empresariais e as prácticas académicas externas.
  • A acción voluntaria organizada non poderá en ningún caso substituír actividades que se estean desenvolvendo a través do traballo remunerado ou servir para eximir ás administracións públicas de garantirlle á cidadanía prestacións ou servizos que esta teña recolleitos como dereitos fronte a aquelas.

Como teño que facer para participar como voluntario?

Terás que poñerche en contacto cunha entidade de acción voluntaria debidamente rexistrada.

Nesta ligazón podes atopar as entidades de acción voluntaria en Galicia:

https://voluntariadogalego.org/entidades

O certificado de experiencias voluntarias

Tras facer un voluntariado, recibirás unha certificación da túa participación, na que constará polo menos, a súa natureza e as datas nas que se realicen. En calquera caso, o Rexistro da Acción Voluntaria, poderá emitirvos un certificado de todas as actividades de voluntariado nas que participásteis.

+ INFO: https://voluntariadogalego.org/rexistro/solicitude-de-certificado-de-experiencias-voluntarias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión