Logo del CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
Non perdas
Actividades
Becas e axudas
Exames
Concursos e premios
Cursos
Oposicións
  
Dende o 27/07/2018 ata o 05/08/2018
Festival 17° Ribeira Sacra
O Festival 17° Ribeira Sacra celebra a súa segunda edición e amplía a súa programación a dúas fins de semana: 17° PAISAXE, do 27 ao 29 de xullo de 2018, e 17º PATRIMONIO, 4 e 5 de agosto.
Prezo:

Existe a posibilidade de adquirir abonos ou entradas individuais para os distintos concertos, na sección "Entradas" da web, ou en Ataquilla.

O abono non inclúe os concertos no Catamarán de Doade, que terán lugar o venres 27 e o sábado 28 de xullo.

Dende o 13/07/2018 ata o 22/07/2018
XVII Feira das Artes Plásticas da Coruña
Lugar: Xardíns de Méndez Nuñez . Xardíns de Mendez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Arga Galicia presenta, un ano máis, a Feira das Artes da Coruña, na súa decimosétima edición. Esta feira lévase realizando ininterrompidamente desde o ano 2001 e sendo un referente non só na Coruña senón tamén en Galicia e a única que se celebra na actualidade ao aire libre.
Dende o 13/07/2018 ata o 13/08/2018
Exposición unitaria e premios "O sorriso do chimpancé"
Lugar: Casa da Auga-Sala de Exposicións EMALCSA s/n. 15011 A Coruña
A Asociación Poten100mos organiza a exposición 'O sorriso do chimpancé' que parte dun concurso de arte inclusiva que pretende borrar esa liña que separa as persoas que fan arte das que se expresan artisticamente.

Xullo e agosto 2018

Actividades de verán 2018 en Redes
O Club Marítimo de Redes organiza cursos de Kaiak e Paddle Surf dentro das actividades de verán.
Horario:

Quendas de maña e de tarde.

Prezo:

Consultar programa completo.

Dende o 21/06/2018 ata o 29/09/2018
Mostra "Vida" de Gervasio Sánchez
Lugar: Sala de Exposicións Afundación. Cantón Grande 8. 15003 A Coruña
Mostra "Vida" de Gervasio Sánchez na Sede Afundación da Coruña. Un traballo fotográfico de gran valor artístico e social do fotoxornalista Gervasio Sánchez, Premio Nacional de Fotografía.
Horario:
  • Luns a venres 17.00 a 21.00 h
  • Sábados e festivos 12.00 a 14.00 e 17.00 a 21.00 h
Prezo:

De balde.

Dende o 21/06/2018 ata o 29/07/2018
Exposición Ana Juan - "Debuxando ao alén"
Lugar: Sala de exposicións PALEXCO. Peirao de Transatlánticos s/n. 15003 A Coruña
A exposición interactiva Ana Juan, debuxando ao alén aproxímanos ao universo creativo desta ilustradora recoñecida internacionalmente.
Horario:

De lunes a domingo

12:00 h a 14:00 h

18:00 h a 21:00 h

Prezo:

De balde.

18/07/2018
Seminario informativo sobre voluntariado europeo
A Fundación Paideia convoca un novo seminario informativo este mes sobre o antigo Servizo de Voluntariado Europeo, que agora pasou a denominarse "Proxectos de voluntariado"
Horario:

12:00 h

Prezo:

Gratuíta, logo da inscrición previa e confirmación da asistencia

xullo, agosto e setembro 2018

Coruña en Forma
O Concello da Coruña pon en marcha este programa que leva a actividade física saudable e aberta a espazos da cidade durante os meses de verán. Consta de tres programas: Actividades Dirixidas (tai chi, aerobic, ximnasia aeróbica, zumba e pilates), Parques Biosaudables e Actividades de Lecer Activo (rutas a patíns, andainas e divírtete co teu can).
Prezo:

gratuíto e sen inscrición

Centro Municipal de Información Xuvenil
C/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña | Tlf.: 981 184 294 | Fax: 981 184 295 |
cmix@coruna.es | www.coruna.gal/cmix