Logo do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil)
Non perdas
Actividades
Becas e axudas
Exames
Concursos e premios
Cursos
Oposicións
  
Ata o 25/06/2018
2 bolsas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos situados nas universidades Université de la Sorbonne Nouvelle e Universidade de Sâo Paulo.
Duración: máximo de 3 anos.
Ata o 25/06/2018
2 prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca dúas prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas universidades University of Oxford e Euskal Herriko Univertsitatea.
Duración: Non excederá os tres anos.

Prazo de inscrición segundo o curso
Bolsas para actividades académicas nas sedes da UIMP
A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca bolsas completas e bolsas de matrícula para a asistencia ás actividades académicas que se realizarán nas súas sedes durante o ano 2018.
Ata o 20/06/2018
ás 14:00 horas
Bolsas para deportistas da provincia para o ano 2018
A Deputación Provincial da Coruña convoca bolsas para deportistas da provincia para o ano 2018.
Dende o 26/08/2018 ata o 30/08/2018 Ata o 06/07/2018
VIII Encontro de Artistas Novos: #EAN8
A Cidade da Cultura de Galicia converterase por oitavo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais
Ata o 17/06/2018
Bolsas Fundación Sepi - Rede Eléctrica de España - Opera 2018
Estas bolsas da Fundación SEPI ten como finalidade facilitarlle á mocidade titulada universitaria períodos de formación práctica como bolseiros/as en centros de traballo de REE.
Ata o 21/06/2018
6 bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento
A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca 6 bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Duración: As actividades de formación desenvolveranse ao longo dos anos 2018 e 2019 cunha duración máxima de doce meses.
Centro Municipal de Información Xuvenil
C/ Río Monelos, s/n 15006 A Coruña | Tlf.: 981 184 294 | Fax: 981 184 295 |
cmix@coruna.es | www.coruna.gal/cmix