Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

CMIX

OBXECTIVOS

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX) establece como obxectivos principais:

1) Proporcionarlle á mocidade da cidade, fundamentalmente de entre 14 e 30 anos, a información necesaria para lograr a súa participación activa e responsable na sociedade.

2) Posibilitar a igualdade de oportunidades e facilitar a transición á vida adulta.

3) Ser un catalizador de intereses e demandas da mocidade coruñesa.

4) Converterse en observatorio permanente dos intereses, necesidades e iniciativas da mocidade, podendo extraer conclusións de interése para planificar accións das diversas entidades municipais.

O equipo do CMIX está composto por: un coordinador, 4 informadoras xuvenís e unha operaria informática. Este equipo é permanente ao longo de todo o ano.

O CMIX creouse no ano 1990 e pertence á Rede Galega de Documentación e Información Xuvenil. Esta rede está regulada en virtude da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de mocidade de Galicia. (DOG núm. 139 do 20 de xullo).

CANLES

1. INFORMACIÓN E ASESORAMENTO: en persoa, por teléfono, por correo electrónico (cmix@coruna.es) , a través do sitio web www.coruna.es/cmix, e nas súas redes sociais Facebook Cmix.coruna, e Twitter @CMIXCoruna

2. AUTOINFORMACIÓN: a través de paneis, informes, da web www.coruna.es/cmix e de redes sociais

3. DOCUMENTACIÓN: préstamo a domicilio de guías de viaxes, préstamo e consulta en sala, e tamén a través do informe en liña de Educación e o Buscador de Estudos, actualizado e dispoñible en www.coruna.es/cmix.

Os fondos da área de Documentación están referenciados e poden ser consultados a través do catálogo en liña do sistema de Bibliotecas Municipais (www.coruna.es/bibliotecas)

- Biblioteca: Composta por monografías, informes de autoinformación, folletos, directorios de recursos e numeroso material documental en diversos formatos (dípticos, carteis, material autoeditado...).

- Hemeroteca: revistas, boletíns informativos.

- Viaxeteca: servizo de préstamo a domicilio de guías turísticas para socios das Bibliotecas Municipais da Coruña, mapas de situación e de estradas, planos das cidades máis importantes, aloxamentos, rutas, deportes alternativos...

4. EXPEDICIÓN DOS SEGUINTES CARNÉS:

  • Carné Novo Euro < 30
  • Carnés de alberguista
  • Carné Internacional de Estudante (ISIC)
  • Carné Teacher (ITIC)
  • Carné Xove Internacional (IYTC)

5. PÁXINA WEB:

Páxina web do Centro Municipal de información Xuvenil que permite, a través dun sinxelo menú, acceder a amplos e diversos contidos de interese para a mocidade: convocatorias de bolsas, concursos, actividades, exames... Buscador de estudos, información sobre recursos e servizos vinculados á cultura, deporte,  solidariedade, educación, emprego, vivenda, sexualidade, asociacionismo, tempo libre...

6. REDES SOCIAIS E BOLETÍNS ELECTRÓNICOS DE INFORMACIÓN

7. SERVIZO GRATUÍTO DE SUBSCRICIÓNS A TRAVÉS DE SMS E RSS

O CMIX pon a disposición da cidadanía un servizo de subscrición á información de máis actualidade.

8. PLATAFORMA 14

O CMIX puxo en marcha a sala de exposicións Plataforma14 co fin de crear un espazo vinculado á creación e cedela á mocidade e colectivos de ámbito xuvenil, así como a centros educativos e entidades vinculadas coa arte emerxente.

Nesta sala, situada no Fórum Metropolitano, exporanse proxectos artísticos pertencentes, en sentido amplo, ao ámbito das artes visuais: debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomances, pintura, videoarte, etc.

A cesión da sala é gratuíta e ademais está dotada de iluminación, sistema de sujección e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e/ou multimedia.

Nestas ligazóns podes obter máis información sobre o traballo que realizamos:

Asesorías informativas

Programas

Onde estamos:

Edf. Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. 15006, A Coruña Tlf: 981 184 294 cmix@coruna.es

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?