Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Programa de antenas de información xuvenil

Cartel do programa de Antenas 2017-2018, coa imaxe de tres persoas cuxas cabezas son antenas parabólicas.

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña sitúa durante o curso unha REDE de pequenas sucursais, en 23 centros públicos con ensinos medios (IES, CIFP, a Escola Oficial de Idiomas, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música), e tamén nos centros concertados con ESO e bacharelato da cidade.

Cada AIX comprende:

  • Un taboleiro, no que haberá unha chea de información interesante: música, teatro, deportes, cinema, concursos... etc.
  • Información actualizada proprocionada semanalmento polo CMIX
  • As canles dixitais de interese xuvenil
  • E o máis importante: unha persoa ou un grupo de persoas..., os/as ANTENAS

Para ser antena de información xuvenil, buscamos voluntarios/as:

  • Alumnos/as, sós/soas ou acompañados/as dun ou dous compañeiros/as, matriculados/as nun centro de estudos no que se desenvolva o programa.
  • Cun mínimo de 15 anos, cumpridos a 31-12-2017 e non máis de 30.
  • Disposto/a a:
    • Asistir ás accións formativas e reunións de coordinación que se convoquen.
    • Establecer un acordo de incorporación para o desenvolvemento deste programa.
    • Manter o taboleiro informativo actualizado semanalmente, ordenado e atraente.
    • Redifundir información de interese xuvenil a través de redes sociais, compañeiros de instituto, delegados de clase,...

O CMIX ofrece:

  • A posibilidade de estar máis e mellor "informado/a" ca ninguén do que sucede.
  • Entradas a eventos organizados ou programados polo Concello (concertos, eventos deportivos, cinema, teatro..).
  • Recibirás gratuitamente o carné xove, o carné internacional de estudante e o carné de alberguista durante o ano escolar no que estás como antena.
  • A posibilidade de que o teu labor sexa recoñecido a través dun certificado, podendo desta forma acreditalo oficialmente.
  • Ademais recibirás formación en material de información xuvenil.

Non perdas

  • Exposición “O circo da vida” na sala Plataforma14

    Cando:

    Dende o 25/05/2018 ata o 25/06/2018

  • Campamentos deportivos Deputación da Coruña. Verán 2018

    Cando:

    Dende o 22/07/2018 ata o 27/07/2018

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2018

    ás 14:00 horas

  • Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior. Curso 2018-2019

    Cando:

    Proba de madureza: 3 de xullo. Proba específica: 10 de xullo. Realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

    Inscricións:

    Dende o 23/05/2018 ata o 25/06/2018

    A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas. Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como 1ª ou única opción.

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?