Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Caixa de recursos

QUE É?

O Centro Municipal de Información Xuvenil dispón dunha caixa de recursos para actividades sen ánimo de lucro a disposición de todas as asociacións, colectivos, clubs, federacións e outros colectivos conformados por persoas de 14 a 30 anos ou vinculados dalgunha maneira á xuventude.

A QUEN SE DIRIXE?

A Caixa de recursos preséntase como servizo orientado fundamentalmente a:

• Asociacións xuvenís legalmente constituídas.

• Grupos de xuventude, tanto de carácter estable como aqueles de carácter conxuntural.

• Entidades prestadoras de servizos á xuventude.

• Aquelas entidades que, sen ser especificamente xuvenís, desenvolven proxectos de sensibilización coa xuventude ou pola xuventude.

PARA QUE ACTIVIDADES PODO SOLICITAR MATERIAIS DA CAIXA DE RECURSOS?

Aquelas actividades e fins que non sexan contrarios aos dereitos humanos ou que supoñan unha discriminación por razóns de grupo humano, sexo, lingua, cultura, relixión, ideoloxía, condición social ou persoal.

COMO SE SOLICITA?

Facendo unha solicitude de recursos no Centro Municipal de Información Xuvenil. O prazo de solicitude de materiais non poderá ser inferior a un día nin superior a seis meses. O material non poderá ser solicitado para máis dunha semana, sen posibilidade de prórroga. En caso de necesitar o recurso por máis tempo será necesario achegar un proxecto á solicitude que permita determinar a dispoñibilidade nas datas que se soliciten.

CANDO DEVOLVO O MATERIAL?

O primeiro día hábil posterior ao termo da actividade o material deberá ser devolto ao CMIX. Os danos do material corren a cargo da persoa ou asociación que os solicitase. En caso de roubo, deberase presentar unha copia da correspondente denuncia do roubo.

DE QUE MATERIAL PODES DISPOÑER?

Actualmente, podes solicitar na caixa de recursos os seguintes materiais:

ONDE PODES SOLICITAR ESTES MATERIAIS?

Deberás facer a solicitude de material no Centro Municipal de Información Xuvenil, (Fórum Metropolitano, r/ Río Monelos, 1) ou chamando ao teléfono 981 184 294.

O SERVIZO DA CAIXA DE RECURSOS NON ESTÁ DISPOÑIBLE NOS SEGUINTES CASOS:

Ademais daqueles supostos que non se adecuen co tipo de actividades xa indicadas anteriormente, a caixa de recursos non estará dispoñible se:

  • A solicitude é realizada por unha persoa particular para desenvolver actividades a título individual.
  • A solicitude é realizada por unha empresa ou similar.

Se necesitas máis información:

CENTRO MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL

R/ Río Monelos, 115006 A CORUÑA981 184 294cmix@coruna.es

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?