Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

XIV Concurso de Fotografía de Viaxes "Viaxarte 2017"

Báner do concurso Viaxarte 2017, coa imaxe dunha moza que leva unha mochila e está sacando unha foto desde o alto dunha montaña.

Bases completas do concurso (PDF)

Boletín de inscrición (PDF)

Xurado "VIAXARTE 2017"

Ditame do xurado Viaxarte'17

A Concellería de Participación e Innovación Democrática convoca a XIV edición do Concurso de Fotografía de Viaxes "Viaxarte" de acordo coas seguintes bases:

PERSOAS PARTICIPANTES

  • Mozas e mozos residentes en España e que teñan unha idade comprendida entre os 15 e os 30 anos -ambos os dous incluídos-, na data de finalización de admisión de orixinais.
  • As persoas gañadoras de edicións anteriores do Concurso Viaxarte non terán opción a premio en ningunha das categorías.
  • As persoas concursantes deben ser as únicas titulares dos dereitos de autor das fotografías presentadas e feitas legalmente.

FOTOGRAFÍAS

  • As obras presentaranse a título individual, e deben ser orixinais e inéditas e non premiadas noutros concursos.
  • Establécense dúas modalidades de participación:
    • Fotografía individual
    • Serie fotográfica
  • As persoas concursantes só poderán participar nunha das modalidades e poderán enviar, como máximo, 3 fotografías.
  • As fotografías terán un tamaño mínimo de 18 x 24 cm e máximo de 40 x 50 cm, e deberanse presentar en soporte de cartón pluma ou similar.
  • Non se admitirán composicións con cristal, e poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor, en calquera técnica.
  • Tamén se presentará, en soporte dixital:
    • a) unha copia da fotografía en formato de arquivo dixital JPEG/JPG e de dimensións mínimas de 1024 x 768, cun peso máximo de 5 Mb.
    • b) un arquivo de texto en formato OpenOffice/Word dun máximo de 10 liñas, cun breve resumo da viaxe que motivou a fotografía (lugar, datas aproximadas da viaxe e algún breve comentario sobre ela).
  • As fotografías identificaranse mediante un título que constará na parte traseira do cartón pluma, e tamén se indicará nese espazo a categoría na que participan.
  • Xunto coa/s fotografía/s, presentaranse 2 sobres cerrados:
    • a) un sobre coa ficha de inscrición, a fotocopia do DNI ou pasaporte; e no caso de que a/o participante sexa menor de idade, a autorización do pai/nai/titor legal así como a copia do DNI da persoa que autoriza a participación. O modelo da devandita autorización pódese descargar desde aquí .
    • b) outro sobre con CD/Pendrive cos arquivos dixitais solicitados.
  • Na parte exterior de ambos os sobres, só constará o título da fotografía ou serie de fotografías presentadas.

TEMA

Todas as fotografías deberán estar relacionadas co tema das experiencias viaxeiras.

PRAZO DE ADMISIÓN

O prazo de admisión de orixinais manterase aberto do 3 de xullo ao 4 de setembro de 2017 ás 13.30 h.

ENTREGA DE ORIXINAIS

As fotografías e documentación para participar neste concurso deberanse presentar en calquera dos rexistros municipais (Palacio de María Pita nº 1, Fórum Metropolitano. Río Monelos nº 1, Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela nº 17, etc.) ou demais lugares previstos legalmente (art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

O horario dos rexistros municipais é de 08.00 a 13.30 h, salvo a semana do 7 ao 11 de agosto que é de 08.00 a 12.30 h.

Se alguén presenta a solicitude nalgún dos lugares recollidos na normativa, diferente a un rexistro municipal deste Concello, deberá enviar un correo electrónico a cmix@coruna.es antes do 4 de setembro ás 13.30 h indicándoo. Neste caso, o enderezo de envío das fotografías será o seguinte:

Concello da Coruña

Rexistro Xeral de María Pita

Praza de María Pita, 1

15001 A Coruña

XURADO

O xurado estará formado por 5 persoas integrantes, nomeadas pola Concellería delegada en materia de Mocidade: actuará como persoa responsable da presidencia un/unha funcionario/a municipal, como secretario -con voz e sen voto- o coordinador do CMIX e 3 vogais que serán fotógrafas/os ou expertas/os no ámbito fotográfico, turístico ou xuvenil. O nomeamento do xurado difundirase na web www.coruna.gal/cmix

O xurado basearase nos seguintes criterios para elixir as fotografías gañadoras:

  • Proposta expresiva
  • Corrección técnica
  • Capacidade evocadora da viaxe

PREMIO

O concurso terá os seguintes premios:

  • Premio á mellor fotografía
  • Premio á mellor serie fotográfica

Os premios á mellor fotografía e á mellor serie fotográfica consistirán nunha viaxe para unha ou dúas persoas.

  • Viaxe para unha persoa: dunha semana, que se escollerá entre un país europeo
  • Viaxe para dúas persoas: de 4 días, que se escollerá entre unha cidade europea

Inclúen: voos, hotel 3/4 * con aloxamento e almorzo e seguro de asistencia de viaxe

As persoas premiadas deberán iniciar a súa viaxe antes do 31 de decembro de 2017, e os premios estarán suxeitos ás retencións fiscais que marque a lexislación vixente.

O valor de cada premio deste concurso é de 1.100 euros.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO

O xurado emitirá un ditame motivado das candidaturas que se propoñen como gañadoras que se publicará na web, www.coruna.gal/cmix para que nun prazo de 5 días hábiles as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que estimen convenientes e serán resoltas, logo do informe proposta previo, pola concelleira delegada en materia de Mocidade nun prazo dun mes.

Contra a devandita resolución, poderán as persoas interesadas interpoñer os recursos que procedan que non terán efecto suspensivo. No caso de non presentarse ningunha alegación ao devandito ditame do xurado, este pasará a ser a proposta da resolución definitiva sobre este concurso.

CATÁLOGO

As fotografías gañadoras, xunto cunha selección das presentadas ao certame, serán editadas nun 

EXPOSICIÓN

As fotografías presentadas ao concurso, que cumpran os requisitos expostos nas bases, serán expostas durante o mes de outubro no Fórum Metropolitano da Coruña. Ademais unha selección das fotografías serán editadas na web do CMIX, nas súas redes sociais, así como noutros medios de difusión dixitais.

OBRAS PREMIADAS

As fotografías premiadas pasarán a ser propiedade do Concello da Coruña, con cesión dos dereitos de reprodución e exposición.

DEVOLUCIÓN

As fotografías non premiadas poderán ser retiradas desde o final da exposición ata o 30 de novembro de 2017.

A participación neste concurso implica a aceptación das bases, e unicamente o Concello da Coruña queda facultado para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas.

Máis información:

Centro Municipal de Información Xuvenil Ed. Fórum Metropolitano, r/ Río Monelos 1 - 15006 A Coruña Tlf.: 981 184 294 cmix@coruna.es

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?