Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Xornadas de orientación universitaria e profesional (XOUP)

Descrición

Xornadas onde se informa e orienta ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.

Persoas destinatarias

Alumnado, orientadores/as e profesorado dos centros de educación secundaria do municipios da Coruña e centros doutros municipios que o soliciten.

Condicións do programa

As Xornadas divídense en dúas accións:

  • Unha semana de visita aos distintos centros onde se imparten os ciclos formativos de FP, para coñecer máis de cerca estes estudos; e unha xornada de presentación doutros estudos profesionais como son os policiais e das forzas armadas.
  • Unha semana de mesas informativas sobre os estudos universitarios que se imparten nas universidades públicas galegas. Contase cun punto informativo, xestionado polo Centro Municipal de Información Xuvenil e o SAPE, onde asesorarse sobre aspectos de interese para os estudantes, de cara á toma de decisións académicas.

Colaboran

As Universidades da Coruña, Santiago e Vigo; Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e centros educativos da cidade.

Para asistir ás mesas informativas e ás visitas aos centros de FP: aínda que o acceso é gratuíto, é imprescindible a presentación da credencial correspondente.

As credenciais para os asistentes repartiranse en cada centro educativo unha vez feita a solicitude previa.

Unha vez que remate o prazo de solicitude o Centro Municipal de Información Xuvenil (Forum Metropolitano. r/ Río Monelos, 1. T.: 981 18 42 94) distribuirá as credenciais sobrantes a aqueles estudantes interesados que non as obtivesen no seu centro educativo.

Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 10 de setembro ao 10 de outubro

Ficha de solicitude específica

Data por determinar

Non perdas

  • Exposición “O circo da vida” na sala Plataforma14

    Cando:

    Dende o 25/05/2018 ata o 25/06/2018

  • Campamentos deportivos Deputación da Coruña. Verán 2018

    Cando:

    Dende o 22/07/2018 ata o 27/07/2018

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2018

    ás 14:00 horas

  • Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior. Curso 2018-2019

    Cando:

    Proba de madureza: 3 de xullo. Proba específica: 10 de xullo. Realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

    Inscricións:

    Dende o 23/05/2018 ata o 25/06/2018

    A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas. Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como 1ª ou única opción.

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?