Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

XV Concurso de Fotografía de Viaxes "Viaxarte 2018"

Báner do concurso Viaxarte 2018, coa imaxe dunha moza que leva unha cámara de fotos na man

Publicación: BOP 27-08-2018

Bases completas: Base de datos Nacional de Subvencións412654

Boletín de inscrición (PDF)

XURADO: Xurado do XV Concurso de fotografías de viaxes 2018

Viaxarte´18: DITAME DO XURADO

A Concellería de Participación e Innovación Democrática convoca a XV edición do Concurso de Fotografía de Viaxes "Viaxarte" de acordo coas seguintes bases:

PERSOAS PARTICIPANTES

  • Mozas e mozos residentes en España e que teñan unha idade comprendida entre os 15 e os 30 anos -ambos incluídos-, na data de finalización de admisión de orixinais.
  • As persoas gañadoras de edicións anteriores do Concurso Viaxarte non terán opción a premio en ningunha das categorías.
  • As persoas concursantes deben ser as únicas titulares dos dereitos de autor das fotografías presentadas e feitas legalmente.

FOTOGRAFÍAS

  • As obras presentaranse a título individual, e deben ser orixinais e inéditas e non premiadas noutros concursos.
  • Establécense dúas modalidades de participación:
    • Fotografía individual
    • Serie fotográfica
  • Os concursantes só poderán participar nunha das modalidades e poderán enviar, como máximo, 3 fotografías.
  • As fotografías terán un tamaño mínimo de 18 x 24 cm e máximo de 40 x 50 cm, e deberán presentarse en soporte de cartón pluma ou similar.
  • Non se admitirán composicións con cristal, e poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor, en calquera técnica.
  • Tamén se presentará, en soporte dixital:
    • a) unha copia da fotografía en formato de arquivo dixital JPEG/JPG e de dimensións mínimas de 1024 x 768, cun peso máximo de 5 Mb.
    • b) un arquivo de texto en formato OpenOffice/Word dun máximo de 10 liñas, cun breve resumo da viaxe que motivou a fotografía (lugar, datas aproximadas da viaxe e algún breve comentario sobre ela).
  • As fotografías identificaranse mediante un título que constará na parte traseira do cartón pluma, e tamén se indicará nese espazo a categoría na que participan.
  • Xunto coa/s fotografía/s, presentaranse 2 sobres cerrados:
    • a) un sobre coa ficha de inscrición, a fotocopia do DNI ou pasaporte; e no caso de que a/o participante sexa menor de idade, a autorización do pai/nai/titor legal así como a copia do DNI da persoa que autoriza a participación. O modelo da devandita autorización pódese descargar desde aquí .
    • b) outro sobre con CD/Pendrive cos arquivos dixitais solicitados.
  • Na parte exterior de ambos os sobres, só constará o título da fotografía ou serie de fotografías presentadas.

TEMA

Todas as fotografías deberán estar relacionadas co tema das experiencias viaxeiras. Serían fotos de viaxes en xeral (paisaxes, fotos das cidades onde van as persoas participantes, fotos de viaxeiros, fotos nas que mostran persoas con vestimentas exóticas etc.) e non se establece un lugar xeográfico específico, e deberanse explicar nun texto as fotos, o lugar ou motivación da viaxe etc.

PREMIO

O concurso terá os seguintes premios:

  • Premio á mellor fotografía
  • Premio á mellor serie fotográfica

Os premios á mellor fotografía e á mellor serie fotográfica consistirán nunha viaxe para unha ou dúas persoas.

  • Viaxe para unha persoa: dunha semana, que se escollerá entre un país europeo
  • Viaxe para dúas persoas: de 4 días, que se escollerá entre unha cidade europea

Inclúen: voos, hotel 3/4* con aloxamento e almorzo e seguro de asistencia de viaxe

As persoas premiadas deberán iniciar a súa viaxe, antes do 31 de decembro de 2018, e os premios estarán suxeitos ás retencións fiscais que marque a lexislación vixente.

O valor de cada premio deste concurso é de 1.100 euros.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de admisión de orixinais manterase aberto ata o 3 de setembro de 2018 ás 13.30 h.

As fotografías e documentación para participar neste concurso deberanse presentar en calquera dos rexistros municipais (Palacio de María Pita n.º 1, Fórum Metropolitano. Río Monelos n.º 1, Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela n.º 17, etc.) ou demais lugares previstos legalmente (art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

O horario dos rexistros municipais é de 08:00 a 13:30 h.

Se alguén presenta a solicitude nalgún dos lugares recollidos na normativa, diferente a un rexistro municipal deste Concello, deberá enviar un correo electrónico a cmix@coruna.es antes do 3 de setembro ás 13.30 h indicándoo. Neste caso, o enderezo de envío das fotografías será o seguinte:

Concello da Coruña

Rexistro Xeral de María Pita

Praza de María Pita, 1

15001 A Coruña

Máis información:

Centro Municipal de Información Xuvenil Ed. Fórum Metropolitano, r/ Río Monelos, 1 - 15006 A Coruña Tel.: 981 184 294 cmix@coruna.es

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?