Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Locais de Ensaio

DESCRICIÓN

Os locais de ensaio do Concello da Coruña, situados nos baixos do Coliseum, contiguos á Sala O Túnel, son un servizo de balde dirixido á mocidade da nosa cidade para que teña espazos axeitados onde expresar a súa creatividade e as súas inquedanzas musicais.

PERSOAS DESTINATARIAS

Músicos noveis, tanto en grupo como individualmente, que cumpran 2 requisitos:
- Polo menos, a metade dos/as integrantes do grupo sexan menores de 30 anos.
- Polo menos, a metade dos/as integrantes estean empadroados no Concello da Coruña, ou ben cursando estudos actualmente nun centro educativo da cidade.

HORARIOS DE APERTURA

Os Locais de Ensaio permanecen abertos os 12 meses do ano, os sete días da semana (agás festivos, e días nos que a ocupación do Coliseum non o permita).

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

Este espazo para a mocidade está integrado por:
- Tres locais de ensaio equipados con backline (batería, amplificador de baixo, amplificador de guitarra, equipo de micros...)
- Unha sala de control con capacidade para gravar maquetas.
- Un técnico con coñecementos de son e software informático especializado para realizar tarefas técnicas nas gravacións.
- Unha persoa con coñecementos audiovisuais.

HORARIO

O horario de apertura dos Locais de Ensaio é o que segue:
Os luns e os mércores, de 16.00 a 22.00 horas
De xoves a domingo, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 22.00 horas
(Os martes están reservados para sesións de gravación)

OFRECEN

3 horas a semana de ensaio
Festivais Solidarios En Directo
Accións formativas
Estudio de gravación e equipo audiovisual
Asesoramento, tanto para o proxecto musical como para a imaxe do grupo e xestión de redes sociais

CUSTO

De balde

CENTROS ONDE SE OFERTA

Os Locais de Ensaio están no edifico do Coliseum (r/ Francisco Pérez Carballo, 2)

DOCUMENTACIÓN

Queres solicitar un local de ensaio? Neste apartado podes atopar a documentación necesaria para presentar a túa solicitude:

CONTACTO

Coordinación dos Locais de Ensaio

locaisdensaio@gmail.com

Dept. Audiovisual dos Locais de Ensaio

locaisdensaiocoliseum@gmail.com

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?