Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

10 resultados

  • 1 Páxinas
  • 1
  • Club de cine: "¡Dolores Guapa!"

    Cando:

    19/03/2024

    Volve o club de cine á biblioteca municipal Fórum Metropolitano e nesta segunda edición xirará en torno ás realidades de persoas LGTBQI+. Durante os meses de marzo, abril e maio, cada mes terá lugar unha sesión conducida polo xestor cultural e programador Mon Rivas. Para a primeira sesión a película a visionar será "¡Dolores guapa!", de Jesús Pascual.

  • Día do Cómic: Presentación de Cinza

    Cando:

    20/03/2024

    A Biblioteca municipal do Fórum Metropolitano acolle a presentación do libro Cinza, a cargo de Manel Cráneo e Xavier Alcalá.

  • Conéctate con cabeza

    Cando:

    21/03/2024

    Inscricións:

    Dende o 08/03/2024 ata o 19/03/2024

    Actividade participativa para a prevención da violencia de xénero dixital.

  • Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo

    Cando:

    21/03/2024

    A Fundación Paideia Galiza organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado Europeo, un proxecto enmarcado no Corpo Europeo de Solidariedade.

  • Axenda de actividades de MUNCYT A Coruña

    Cando:

    Dende o 01/03/2024 ata o 31/03/2024

    O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), presenta a axenda de actividades do mes de marzo de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

  • Charlas do ciclo temático "A era da cancelación"

    Cando:

    Dende o 13/03/2024 ata o 19/03/2024

    A Biblioteca Municipal Os Rosales presenta o ciclo temático "A era da cancelación: identidades, corrección política e guerras culturais no século XXI" que, ademais de incluír unha mostra bibliográfica con materiais sobre a temática en distintos formatos, oferta charlas con expertos na materia.

  • Ciclo de encontros "Primavera literaria"

    Cando:

    Dende o 18/03/2024 ata o 04/06/2024

    un encontro ao mes

    "Primavera literaria" é un ciclo de encontros literarios que organiza a Biblioteca Municipal Os Rosales para os meses de marzo, abril, maio e xuño e que contarán coa participación de Xurxo Souto, Alejandro Tobar, Xosé Monteagudo e Paula Carballeira.

  • Monólogos no Aquarium

    Cando:

    Dende o 27/01/2024 ata o 30/06/2024, os sábados e domingos

    O Aquarium Finisterrae incorpora unha nova actividade que se ofrece ás persoas que visitan o centro. Trátase de charlas breves sobre a bioloxía e curiosidades dalgunhas das especies máis populares do Aquarium, ofrecidas polo persoal de atención ao público.

  • Ciclo de xornadas "Repensar a boa vida"

    Cando:

    30 de novembro de 2023 e 25 de xaneiro, 14 de marzo e 25 de abril de 2024

    A Fundación Paideia organiza estas xornadas co obxectivo de explorar ideas sobre o que é unha vida boa e digna para a maioría de seres humanos, en termos sociais, políticos, económicos, emocionais e ambientais. Presenta e modera o ciclo Marga Pazos, xornalista e presentadora de televisión.

  • Os labirintos do cerebro

    Cando:

    Dende o 20/06/2023 ata o 30/06/2024

    O Muncyt acolle unha exposición temporal que profunda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro. Nela achégasenos de modo práctico, accesible e ameno, á neurociencia. Como complemento á exposición, o museo ofrece un ciclo de conferencias que reúne unha selección de expertos que abordarán distintos aspectos do noso laberíntico cerebro para entender mellor o que somos.

resultados 10

  • 1 Páxinas
  • 1

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión