Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior. Curso 2018-2019

Cando:

Proba de madureza: 3 de xullo. Proba específica: 10 de xullo. Realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

Inscricións:

Dende o 23/05/2018 ata o 25/06/2018

A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas. Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como 1ª ou única opción.

Requisitos:

ACCESO DIRECTO:

Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior quen estea en posesión de:

  • Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
  • Título superior de artes plásticas ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura ou grao en Belas Artes, Arquitectura, enxeñería técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
  • Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que se queira acceder.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA:

As persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente, deberán superar unha proba específica.

Aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba de acceso, ben que no momento de formalizar a matrícula no prazo extraordinario, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada se houbese vacantes.

ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS:

(proba de madureza + proba específica)

A persoa que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, deberá ter cumpridos os 19 anos dentro do ano natural de realización da proba, ou 18 anos no caso de que acredite estar en posesión do título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel á que pretende acceder, e superar a proba de madureza ademais da correspondente proba específica.

A proba de madureza poderase substituír pola parte común da pobra de acceso aos CS de FP; pola proba de madureza a CS de ensinanzas deportivas; proba de acceso á universidade para maiores de 25; proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

MÁIS INFORMACIÓN:

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño

Na Coruña: Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

R/ Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña

Tel: 981 225 396

escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es

www.eapicasso.com

Documentos:

.pdf Resumo admisión CS artes plásticas e deseño (227 KB)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dita instruccións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plasticas e deseño de grao superior para o curso 2018-2019

DATAS DAS PROBAS:

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 23 de maio ao 25 de xuño de 2018

A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas. Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como 1ª ou única opción.

26 de xuño: publicación relación provisional de persoas inscritas, nos taboleiros e webs das escolas.

27 e 28 de xuño: reclamacións.

2 de xullo: publicación relación definitiva das persoas inscritas nas probas, no portal www.edu.xunta.gal

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

As probas realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

* Proba de madureza: 3 de xullo de 2018

  • 1ª parte: 10.00-13.00 h.
  • 2ª parte: 17.00-18.00 h.

* Proba específica: 10 de xullo de 2018

  • 1º exercicio: 10.00-11.00 h.
  • 2º exercicio: 12.00-14.00 h.
  • 3º exercicio: 17.00-19.00 h.

PROBA ESPECÍFICA:

Esta proba consta de 3 exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento por escrito, tempo máximo 1 h, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización. Realización, durante un tempo máximo de 2 h, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

c) Terceiro exercicio: execución. Execución, durante un tempo máximo de 2 h, da forma que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ao que a persoa  aspirante pretende acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

PROBA DE MADUREZA constará de 2 partes:

1ª parte: versará sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato: - Lingua galega e literatura.  - Lingua castelá e literatura.  - Lingua estranxeira (inglés ou francés).  - Historia de España.  - Filosofía.

Cumprirá seleccionar 3 destas materias e desenvolver por escrito 1 cuestión entre 2 que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. Tempo máximo 3 horas. Valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

2ª parte: Historia da arte.

PUBLICACIÓN: DOG do 22 de maio de 2018

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?