Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2018

Inscricións:

Ata o 07/03/2018

Prezo:

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas para o grupo de achega familiar, tendo en conta que do total de prazas ofertadas por actividade o 40 % se reserva para o grupo A, o 30 % para o grupo B, o 20 % para o grupo C e o 10 % para o grupo D. 

Requisitos:

  •  Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2016/17.
  • Ter acadado no curso 2016/17 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
  • Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2017/18, nun centro da Rede de centros plurilingües.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI), número de identidade de estranxeiro (NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.
  • As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titores legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Remuneración/Dotación:

O custo total de cada actividade inclúe:

  • No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Páxina web:

www.edu.xunta.es/axudasle

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Edf. Administrativo de San Caetano s/n 15781 Santiago de Compostela

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es

Atención telefónica: 981 957 296 - 981 546 503 

Publicación: DOG 07/02/2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

O período de realización das actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2018, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2018/19. As datas concretas daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. 

Modalidade Duración Nº de prazas
2º Bacharelato Inglés en Canadá 3 semanas 80
2º Bacharelato Inglés no Reino Unido 3 semanas 90
2º Bacharelato Francés en Francia 3 semanas 10
2º Bacharelato Portugués en Portugal 3 semanas 10
1º Bacharelato Inglés no Reino Unido 3 semanas 90
1º Bacharelato Inglés en Canadá 3 semanas 80
1º Bacharelato Inglés en Canadá-integración 4 semanas 30
1º Bacharelato Inglés en Galicia 1 semana 50
1º Bacharelato Francés en Francia 3 semanas 10
1º Bacharelato Portugués en Portugal 3 semanas  10
4º ESO Inglés en Galicia  1 semana 50
4º ESO Inglés en Galicia  2 semanas 90
3º ESO Inglés en Galicia  2 semanas 180
2º ESO Inglés en Galicia  2 semanas 240
1º ESO Inglés en Galicia  2 semanas 380

Non perdas

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?