Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Axudas para o inicio de estudos universitarios nas universidades do SUG

Inscricións:

Ata o 06/11/2017

Requisitos:

  • Acreditar unha cualificación na proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso, unha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a cualificación da parte voluntaria.
  • Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de terceiros países, cando se acredite a condición de residente en España, quedando excluídos os que se atopen en situación de estadía.
  • Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2017/18 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os que solicita a axuda.
  • Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 12 do Decreto 65/2017, do 6 de xullo (DOG núm. 134, do 14 de xullo), polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
    • Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.
    • Familias de 2 membros: 24.089,00 euros. 
    • Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.
    • Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.
    • Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.
    • Familias de 6 membros:46.853,00 euros.
    • Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.
    • Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.
    • A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia.
  • Non ter recibido esta axuda en convocatorias anteriores. 
  • As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441C dispoñible na sede electrónica da Xunta de  Galicia, ao ter as persoas incluídas no ámbito subxectivo as competencias técnicas e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos necesarios para formalizar as solicitudes.

Remuneración/Dotación:

Importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade, sendo dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes, e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas. 

A axuda só alcanzará os créditos dunha única titulación e especialidade.

Quedan excluídas do importe da axuda as exencións e bonificacións do pagamento das taxas a que tiver dereito o/a beneficiario/a.

Páxina web:

Sede electrónica: procedemento ED441C

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Servizo de Apoio e Orientación aos estudantes universitarios

San Caetano, s/n 

15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981545431

orientacion.sug@edu.xunta.es

www.edu.xunta.gal

Publicación: DOG 05/10/2017 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para o inicio de estudos universitarios no curso académico 2017/18 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?