Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Bolsas de carácter xeral para estudos postobrigatorios curso 2017-2018. Estudos non universitarios

Inscricións:

Ata o 03/10/2017

Requisitos:

  • Poderá solicitar as bolsas desta convocatoria o estudantado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpra uns determinados requisitos de aproveitamento académico e que se atope cursando algunhas das seguintes ensinanzas:
  • Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ensinanzas artísticos profesionais.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Ensinanzas artísticas superiores.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Estudos militares superiores.
  • Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
  • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.
  • Formación Profesional básica.
  • Non posuír no momento de solicitar a bolsa un título de nivel igual ou superior ao dos estudos para os que se pide a bolsa.
  • Requisitos académicos para obter bolsas en primeiro curso: Quedar matriculado de curso completo e non repetir no curso actual. No caso de estudos de Bacharelato, ademais, ter obtido polo menos 5,50 puntos de nota media en 4º de ESO, e no caso de estudos de Ciclo formativo de grao superior (de F.P. ou de ensinos deportivos ou de artes plásticas e deseño) ter obtido polo menos 5,50 puntos de nota media en 2º de Bacharelato, proba de acceso ou curso de acceso.
  • A solicitude deberase cubrir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Remuneración/Dotación:

  • Contías fixas:
  • Contía fixa ligada á renda do/a estudante: 1.500,00 euros
  • Contía fixa ligada á residencia do/a estudante durante o curso escolar: 1.500,00 euros
  • Bolsa básica: 200,00 euros.
  • Contía variable e distinta para as diferentes persoas solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do/a estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60,00 euros.

Páxina web:

www.mecd.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Los Madrazo. 15

28014 Madrid

Tlf.: 910 837 937

Publicación:

BOE 10/08/2017 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS (Identif.) 358863

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2017-2018, para estudantado que curse estudos postobrigatorios.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?

Necesitamos a túa axuda

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa

Tes dous minutos para darnos a túa opinión sobre a web municipal e así axudarnos a mellorala? Agradecémoscho

Ir á enquisa