Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Campamentos de verán 2018 para a xuventude

Cando:

Dende o 02/07/2018 ata o 27/07/2018

Inscricións:

Dende o 05/06/2018 ata o 10/06/2018

Horario:

De 09:00 a 14:00

  • 1ª Quenda: do 2 ao 13 de xullo 2018
  • 2ª Quenda: do 16 ao 27 de xullo de 2018

*O campamento realizarase de luns a venres.*Os días festivos, sábados e domingos, non haberá campamento.

Enderezo:

Polideportivo Municipal de Labañou. Estrada de los Fuertes 3. 15011 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

  • Mozas e mozos de 12 a 17 anos (organizados en grupos de idade).
  • Nº de prazas: 90 (45 en cada quenda)
  • Asignarase un número a cada inscrición atendendo á orde de entrada dos formularios de solicitude.
  • Publicación das listas provisionais: 11 de xuño 
  • Sorteo: 12 de xuño ás 13:00 h.
  • Publicación das listas de persoas admitidas: 13 de xuño
  • Do 13 ao 17 de xuño: prazo de confirmación de praza: as persoas admitidas deberán confirmar a aceptación da praza enviando un correo electrónico a xuventude@coruna.es No caso de non recibilo no prazo establecido, a partir do 18 de xuño a praza será adxudicada á seguinte persoa da listaxe de agarda.
  • É preciso un mínimo de 30 participantes por quenda. No caso contrario, o Concello reservase a opción de anular a oferta do turno que non acade o mínimo.

Contacto:

Documentos:

Cartel Campamentos de Verán 2018 (pdf) (313 KB)

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática organiza, un ano máis, os campamentos municipais de verán da área de Mocidade dirixidos a rapazas e rapaces de 12 a 17 anos.

Tipoloxía de actividades

  • Multideportivas e no medio acuático: iniciación ao snorkel, kaiak, tiro con arco, propostas de deporte alternativo como kinball, floorball e ultimate, xogos deportivos na praia, deportes de equipo, etc...
  • Lúdico recreativas: xogos de rastrexo e de pistas, orientación, xeocatching, obradoiros creativos, xogos de cooperación, etc...
  • Medioambientais: sendeirismo pola contorna medioambiental, rutas de coñecemento e recollida de algas, elaboración de xogos con material de refugallo, etc...

Transporte

Habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con 6 paradas establecidas provisionalmente: Os Castros - Catro Camiños - Praza de Ourense - Monte Alto - Riazor - Polideportivo de Labañou.

Reunión coas familias

Finalizado o proceso de inscrición enviarase un correo electrónico para a realización dunha reunión informativa o mércores 20 de xuño ás 21:00, no Espazo de Iniciativas Xuvenís .

Non perdas

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?