Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

XIV Concurso de Fotografía de Viaxes "Viaxarte 2017"

Inscricións:

Dende o 03/07/2017 ata o 04/09/2017

ás 13.30 horas.

Requisitos:

  • Poderán participar as mozas e mozos residentes en España e que teñan unha idade comprendida entre os 15 e os 30 anos, -ambos incluídos-, na data de finalización de admisión de orixinais.
  • As persoas gañadoras de edicións anteriores do Concurso Viaxarte non terán opción a premio en ningunha das categorías.
  • Todas as fotografías deberán estar relacionadas co tema das experiencias viaxeiras.
  • As persoas concursantes deben ser as únicas titulares dos dereitos de autoría das fotografías presentadas e feitas legalmente.
  • As obras presentaranse a título individual, e deben ser orixinais e inéditas e non premiadas noutros concursos.
  • Establécense dúas modalidades de participación: fotografía individual e serie fotográfica. As persoas concursantes só poderán participar nunha das modalidades e poderán enviar, como máximo, 3 fotografías.
  • As fotografías terán un tamaño mínimo de 18 x 24 cm e máximo de 40 x 50 cm, e deberán presentarse en soporte de cartón pluma ou similar. Non se admitirán composicións con cristal, e poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor, en calquera técnica.
  • Tamén se presentará, en soporte dixital: a) unha copia da fotografía en formato de arquivo dixital JPEG/JPG e de dimensións mínimas de 1024 x 768, cun peso máximo de 5 Mb. b) un arquivo de texto en formato OpenOffice/Word dun máximo de 10 liñas, cun breve resumo da viaxe que motivou a fotografía (lugar, datas aproximadas da viaxe e algún breve comentario sobre ela).
  • Xunto coa/s fotografía/s, presentaranse 2 sobres pechados: a) un sobre ca ficha de inscrición, a fotocopia do DNI ou pasaporte. No caso de que a/o participante sexa menor de idade, a autorización do pai/nai/titor legal así como a copia do DNI da persoa que autoriza a participación. O modelo de dita autorización pode descargarse desde aquí . b) outro sobre co CD/Pendrive cos arquivos dixitais solicitados. Na parte exterior de ambos sobres, só constará o título da fotografía ou serie de fotografías presentadas.

Remuneración/Dotación:

Os premios á mellor fotografía e á mellor serie fotográfica consistirán nunha viaxe para unha ou dúas persoas.

  • Viaxe para unha persoa: dunha semana, que se escollerá entre un país europeo.
  • Viaxe para dúas persoas: de 4 días, que se escollerá entre unha cidade europea.

Inclúen: voos, hotel 3/4 * con aloxamento e almorzo e seguro de asistencia de viaxe.

As persoas premiadas deberán iniciar a súa viaxe, antes do 31 de decembro de 2017, e os premios estarán suxeitos ás retencións fiscais que marque a lexislación vixente. O valor de cada premio deste concurso é de 1.100 euros.

As fotografías gañadoras, xunto cunha selección das presentadas ao certame, serán editadas nun catálogo. As fotografías presentadas ao concurso, que cumpran os requisitos expostos nas bases, serán expostas durante o mes de outubro no Fórum Metropolitano da Coruña. Ademais unha selección das fotografías serán editadas na web do CMIX, nas súas redes sociais, así como noutros medios de difusión dixitais.

Páxina web:

www.coruna.es/viaxarte

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil
Forum Metropolitano
R/ Río Monelos, s/n
15006 - A Coruña
Tfno: 981 184 294
cmix@coruna.es
www.coruna.es/cmix

Centro Municipal de Información Xuvenil e Concello da Coruña

Documentos:

Bases completas

Convocada a XIV edición do Concurso de Fotografía de Viaxes "Viaxarte", destinado a mozas e mozos de 15 a 30 anos.

Boletín de inscrición (PDF)

ENTREGA DE ORIXINAIS

As fotografías e documentación para participar neste concurso deberán presentarse, en calquera dos rexistros municipais (Pazo de María Pita nº1, Fórum Metropolitano. Río Monelos nº1, Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela nº17, etc) ou demais lugares previstos legalmente (art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas).

Se alguén presenta a solicitude nalgún dos lugares recollidos na normativa, diferente a un rexistro municipal deste Concello, deberá de enviar un correo electrónico a cmix@coruna.es antes do 4 de setembro ás 13:30 indicando dito extremo. Neste caso o enderezo de envío das fotografías será o seguinte: 

Concello da Coruña

Rexistro Xeral de María Pita

Praza de María Pita, 1

15001 A Coruña

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?