Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

XXV Xornadas de orientación universitaria e profesional

cartel das xornadas
  • Dirixido a:

    Alumnado de ESO, FP e Bacharelato. Poderán acudir outras persoas interesadas, se hai prazas dispoñibles.

  • Cando:

    do 3 ao 7 de abril, mesas universitarias e do 18 ao 24 de abril, visita aos centros de FP

  • Páxina web:

    www.edu.coruna.es

  • Contacto:

    Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) 

    Fórum Metropolitano

    R/ Río Monelos, 1 (15006 A Coruña)

    Tel.: 981 184 294 - correo-e: cmix@coruna.es

    www.coruna.es/cmix 

    Concellaría de Política Social e Coidados

    Servizo Municipal de Educación 

    Avda. da Mariña, 18 - 2º (15001 A Coruña)

    Tel.: 981 184 200 ext. 12047   

    correo-e: educacion@coruna.es

    www.edu.coruna.es 

  • Documentos relacionados:

Estas xornadas, organizadas Servizo Municipal de Educación, o CMIX e a UDC, ofrecen a oportunidade de coñecer os ciclos formativos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega.

- ESTUDOS UNIVERSITARIOS: unha semana de mesas informativas  sobre os estudos universitarios que se imparten nas universidades públicas galegas. Conta cun punto informativo, xestionado polo Centro Municipal de Información Xuvenil e o SAPE, onde asesorarse sobre aspectos de interese para os estudantes, de cara á toma de decisións académicas.

Datas: do 3 ao 7 de abril 

Lugar: Centro Universitario de Riazor (CUR)

- ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL E SUPERIORES DE DESEÑO: unha semana de visitas aos distintos centros  onde se imparten os ciclos formativos de FP, para coñecer máis de cerca estes estudos, e unha xornada adicada aos Estudos Superiores de Deseño e Estudos Superiores de Arte Dramática.

Datas:

  • do 18 ao 24 de abril, visitas aos centros de FP 
  • 18 de abril,  mesa de Estudos Superiores de Diseño e Arte Dramática (EASD Pablo Picasso)

INSCRICIÓNS:

a) Persoas interesadas que estean matriculadas nun centro educativo da cidade: deben solicitar no seu centro as credencias para asistir tanto ás mesas informativas como ás visitas aos centros do 3 ao 16 de marzo  

b) Persoas interesadas en acudir que non estean matriculadas nun centro educativo: poden facer a solicitude de credenciais para as visitas aos centros directamente no CMIX do 3 ao 16 de marzo

*Poderán solicitarse credenciais  para as mesas universitarias nas que exista dispoñibilidade de prazas do 27 ao 31 de marzo no CMIX

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
Fórum Metropolitano

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?