Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

75 resultados

  • DiscoverEU

    DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece aos mozos de 18 anos a posibilidade de explorar Europa a través dun bono para viaxar en tren e, ademais, un Carné Novo Europeo para obter numerosos descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.

  • Listaxe provisional de grupos admitidos na quenda semestral de abril-outubro 2024 dos Locais de Ensaio

    A continuación publícanse as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 22 de abril.

  • Garufa Club: abril

    Cando:

    Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 04/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 22:00 , 06/04/2024 ás 22:00 , 07/04/2024 ás 18:00 , 10/04/2024 ás 21:00 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:00 , 13/04/2024 ás 22:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:00 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:00 , 27/04/2024 ás 22:00 , 28/04/2024 ás 20:00 , 30/04/2024 ás 20:30 , 01/05/2024 ás 20:30

    A sala Garufa Club presenta a súa programación de concertos e espectáculos para o mes de abril.

  • Exposición: Buscar a perfección

    Cando:

    Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024

    A Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) organiza na súa sede unha exposición da artista Elena Nasipova Nasipova que estará dispoñible durante o mes de abril.

  • Actividades de abril no Espazo Xuvenil O Remanso

    Cando:

    Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024

    O Espazo Xuvenil O Remanso organizan unha serie de actividades durante o mes de abril. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

  • Miniciclo de cinema: Comedias clásicas II

    Cando:

    21/04/2024

    Segunda proxeción dun dos clásicos de cine mudo. Oportunidade para coñecer algunhas das comedias protagonizadas polos famosos Buster Keaton, Harold Lloyd e outros grandes actores de comedia da época. Tamén exploraremos e poñeremos en valor a actrices que pasaron máis desapercibidas por ser mulleres, e debateremos sobre a cuestión de xénero no cine e en particular na comedia.

  • Obradoiro de Variñas Máxicas

    Cando:

    26/04/2024

    Neste obradoiro as persoas participantes poderán crear a súa propia variña máxica, ferramenta fundamental para encantamentos ou feitizos. Poderán inspirarse nalgún modelo coñecido da literatura ou do cinema, pero finalmente deseñará cada quen a súa peza ao seu gusto. Xa sexa como elemento decorativo ou como complemento dun cosplay, esta variña será un obxecto especial e único.

  • Xogo de pesquisas: Women’s Legacy

    Cando:

    Dende o 12/04/2024 ata o 21/04/2024

    Con este xogo queremos poñer en valor a figura das mulleres na ciencia ao longo da historia. As persoas que participen terán que completar unha investigación por todo o espazo interior de O Remanso, na procura das científicas e os seus descubrimentos e aportacións.

  • Reto de debuxo: seres de fantasía

    Cando:

    Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024

    Proponse un reto para quen queira participar. Cada luns do mes, no Remanso, anunciarase a palabra sobre a que hai que debuxar. Pode ser un debuxo a man en papel ou dixital. A idea é que as persoas participantes suban os debuxos semanalmente a instagram, etiquetando a @mocidadecoruna, e co cancelo #retoremansoabril. As persoas que completen o reto poderían recibir un sinxelo agasallo como recompensa.

  • Actividades de abril nas Naves do Metrosidero

    Cando:

    Dende o 13/04/2024 ata o 21/04/2024

    Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

    Achégate ás Naves do Metrosidero para participar nas actividades que temos preparadas para este mes de abril.

resultados 75

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión