14 resultados
Dende o 19/03/2024 ata o 10/05/2024
ás 15:00 h. (hora peninsular).
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Dende o 19/03/2024 ata o 18/04/2024
14 bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas.
Ata o 05/04/2024
O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III (CNIC) ofrece a estudantes de máster e dos últimos cursos de graos universitarios relacionadas coa biomedicina, a posibilidade de entrar en contacto coa investigación biomédica e completar a súa formación a través da realización de prácticas de laboratorio durante os meses de verán.
Dende o 06/03/2024 ata o 25/03/2024
O Concello da Coruña abre unha liña de axudas a deportistas individuais e convoca bolsas para deportistas individuais coruñeses, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña.
Ata o 04/04/2024
A Fundación Romanillos convoca para o curso 2024-2025 bolsas destinadas a estudantes con poucos recursos económicos para realizar estudos no curso 2024-2025 en calquera centro público ou privado de España.
Ata o 15/04/2024
A Fundación Princesa de Xirona presenta a 3ª convocatoria de "Xeración Propósito", un programa dirixido a mozos con potencialde desenvolvemento e con vontade de crear un futuro máis inclusivo e sustentable nos ámbitos da saúde e a calidade de vida, a sustentabilidade e o medio ambiente, a igualdade de oportunidades, a educación, a cultura ou o Tech for Good,
Ata o 05/04/2024
A Fundación Arquia convoca a XXV edición do concurso Arquia/Bolsas, destinadas a estudantes nos últimos anos da carreira e a novos arquitectos recentemente titulados, para a realización de prácticas profesionais en estudos de Arquitectura e institucións culturais e do sector.
Ata o 31/03/2024
Iberdrola España presenta a súa convocatoria de bolsas para estudiois de máster 2024-2025, para contribuír á excelencia na formación de mozas, dotándoos dun alto grao de cualificación que lles facilite o acceso ao primeiro emprego.
Ata o 21/03/2024
15:00 horas.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2024.
prazo segundo centro de investigación (consultar cronograma)
Convócanse ata un máximo de 400 bolsas de introdución á investigación para estudantes universitarios con alto nivel de rendemento académico, a desenvolver nos institutos de investigación, centros nacionais, unidades técnicas, PTI e redes científicas/conexións do CSIC.
resultados 14
Dende o 19/03/2024 ata o 10/05/2024
ás 15:00 h. (hora peninsular).
21/03/2024
24/03/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible