40 resultados
Ata o 15/04/2024
A Fundación Antonio Gala para Mozos Creadores abre o prazo de inscrición da XXIII Convocatoria Internacional de Axudas á Creación, que ten como finalidade apoiar e promover o labor creativo de novos artistas en diferentes modalidades.
Dende o 26/03/2024 ata o 25/04/2024
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior para o alumnado que realizou e que rematou os seus estudos no ano 2023.
Ata o 15/04/2024
A Fundación Biodiversidade convoca 25 bolsas de formación co fin de contribuír a que as persoas novas tituladas obteñan unha experiencia profesional que facilite a súa inserción no mercado laboral e, ao mesmo tempo, incrementar a profesionalización nesta rama dentro do sector ambiental.
Dende o 23/03/2024 ata o 16/04/2024
ás 14:00 h.
A Deputación Provincial da Coruña convoca 20 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria, co obxectivo de apoiar a actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.
Ata o 15/04/2024
A Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos, Fulbright España, convoca bolsas para que titulados superiores españois poidan cursar estudos de Master ou Ph.D en universidades de EEUU en calquera disciplina.
Ata o 14/04/2024
A Fundación SEPI convoca as bolsas do Programa de Iniciación na Empresa 2024/1, co obxectivo de posibilitar un período de formación práctica no ámbito empresarial a persoas novas, universitarias ou de grao superior de formación profesional, sen experiencia profesional.
Dende o 23/03/2024 ata o 16/04/2024
ás 14 horas.
A Deputación Provincial da Coruña convoca vinte e oito bolsas destinadas a financiar o gasto derivado da realización de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2024-2025.
Dende o 22/03/2024 ata o 22/04/2024
O IGVS convoca axudas para a mellora da accesibilidade en e ás vivendas, orientado a facilitar o goce das vivendas a toda a cidadanía sen obstáculos físicos nin sensoriais con independencia das distintas capacidades.
Ata o 12/04/2024
A Universidade de Vigo convoca bolsas comedor complementarias ás bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional para alumnado matriculado en grao e máster no curso 2023-2024.
Ata o 15/04/2024
Bolsas para promover a formación e o perfeccionamento técnico de titulados universitarios superiores, en materia ensaios de controlsobre produtos obxecto de comercio exterior, co fin de facilitar suincorporación ao mercado laboral.
resultados 40
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible