Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Certame Universitario de Creación Audiovisual "Suroscopia 8"

Inscricións:

ata o 28/02/2019 ás 12:00 h.

Requisitos:

  • Poderán participar os membros da comunidade universitaria (alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos) das universidades públicas españolas e as universidades convidadas. Igualmente poderá participar quen finalizase os seus estudos universitarios desde o curso académico 2016/2017 nalgunha das universidades públicas de Andalucía..
  • Requisitos de participación: o director debe pertencer a unha universidade española pública, ter rematado os seus estudos nelas desde o curso 2016/17 ou pertencer ás universidades latinoamericanas invitadas. As obras deben estar realizadas en soporte dixital. As obras serían realizadas a partir de xaneiro de 2018.
  • Establécense tres categorías para as creacións audiovisuais presentadas: Videoarte: acolle todos os proxectos de videocreación, videoarte e videodanza, os traballos máis experimentais tanto en imaxe real como de síntese ou animación. Documental: abarca os proxectos documentais, de ensaio e os de documentación. Ficción: corresponde a aquelas curtametraxes baseadas nun relato orixinal ou imaxinario, en calquera dos seus xéneros, incluído o falso documental.
  • Requisitos técnicos: en categorías Ficción e Videoarte: 10 minutos máximo (incluíndo as cortiniñas) e 200 MB. En categoría Documental: 15 minutos máximo (incluíndo as cortiniñas) e 500 MB. Formato: mpeg-4 (mp4). Ver máis en bases completas.

Remuneración / Dotación:

Establécense dous tipos de premios: Premio do Xurado e Premio do Público:

  • Premio do Xurado: premio de 700 euros á categoría Videoarte. Premio de 700 euros á categoría Documental. Premio de 700 euros á categoría Ficción.
  • Premio do Público: premio de 300 euros á categoría Videoarte. Premio de 300 euros á categoría Documental. Premio de 300 euros á categoría Ficción.

Páxina web:

https://suroscopia.com/

Contacto:

Universidade de Córdoba

Vicerreitorado de Coordinación, Cultura e Comunicación

Dirección de Cultura

info@suroscopia.com

suroscopiaconcurso@gmail.com

Documentos:

Bases completas (1 MB)

SUROSCOPIA é un certame de creación audiovisual organizado pola Universidade de Córdoba a través do Proxecto Atalaya das universidades públicas de Andalucía. O seu obxectivo é promover a creación e a formación no ámbito audiovisual e está destinado á comunidade das universidades públicas españolas e universidades internacionais convidadas en cada edición.

Non perdas

  • Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 anos

    Cando:

    Os días 02/03/2019, 09/03/2019

    Inscricións:

    Dende o 21/01/2019 ata o 12/02/2019

  • Tes un proxecto para Nocturnia?

    Inscricións:

    Dende o 14/01/2019 ata o 24/01/2019

  • Axudas complementarias para o alumnado do SUG que participa en Erasmus Estudos

    Inscricións:

    Ata o 04/02/2019

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?