62 resultados
Ata o 16/05/2024
O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados .
Ata o 24/05/2024
A Fundación Festa da Istoria convoca o concurso de carteis da Festa da Istoria de Ribadavia para a súa XXXV edición os días 30 e 31 de Agosto de 2024.
Ata o 30/06/2024
A Editorial Elvira convoca o 11º Certame Nacional de Relato Vigo Histórico, un concurso que ten como obxectivo fundamental dar un espazo onde expresarse aos escritores e escritoras noveis.
Ata o 06/05/2024
A Agrupación Cultural O Facho convoca unha nova edición do seu concurso de "Contos de Nenos para Nenos"
Ata o 15/06/2024
A Casa-Museo Manuel María publica as bases da terceira edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais. O certame ten por obxecto premiar a mellor canción lírica, para voz e piano, escrita sobre un poema de Manuel María.
Ata o 05/05/2024
A Fundación Colección Thyssen-Bornemisza, coa colaboración da Consellería de Cultura, Turismo e Deportes da Comunidad de Madrid, convoca un concurso dirixido a mozos creadores co obxecto de que estes reinterpreten libremente obras pertencentes á Colección Permanente do Museo Nacional Thyssen Bornemisza.
Ata o 29/04/2024
O Concello de Ortigueira, a través do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, convoca o concurso musical "RUNAS" destinado á promoción de novos valores da música celta e folk.
Ata o 03/05/2024
O Concello de Monforte convoca o "XIX Concurso de deseño de carteis Festas Patronais" co fin de escoller o cartel anunciador das festas de Monforte de Lemos do ano 2024.
Ata o 30/04/2024
O Concello de Nigrán convoca un ano máis o xa tradicional concurso de carteis "Quin Alborés-Nigranjazz", que dende o ano 2010 está dedicado ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero que impulsou o Festival desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.
Dende o 16/04/2024 ata o 30/04/2024
ata as 12.00 h.
DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece aos mozos de 18 anos a posibilidade de explorar Europa a través dun bono para viaxar en tren e, ademais, un Carné Novo Europeo para obter numerosos descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.
resultados 62
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible