Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Cursos

Resultados: 49

  • Curso de fotografía creativa de natureza

    Cartel do curso.

    Cando:

    13 de abril e 15 de xuño

    O CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, organiza o curso "Fotografía creativa de natureza", impartido por Javier Puertas, xeógrafo e fotógrafo de territorios e natureza.

  • Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

    Boneco con feridas.

    Cando:

    Dende o 23/04/2019 ata o 21/06/2019

    Inscricións:

    Dende o 25/03/2019 ata o 03/04/2019

    A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais, e que se desenvolverá na modalidade de teleformación.

  • Obradoiro de xilografía japonesa (Mokuhanga)

    foto dun grabado

    Cando:

    Dende o 04/04/2019 ata o 13/04/2019, os xoves, venres e sábados

    O Museo de Belas Artes da Coruña organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e o Concello da Coruña, un obradoiro de xilografía xaponesa (moku-hanga), unha técnica de gravado tradicional que ten a súa orixe en China e que ofrece moitas variantes nos resultados que permiten efectos e texturas imposibles ou moi difíciles de conseguir con outro tipo de técnicas

  • Jams abertas de movemento en Normal

    una parella danzando

    Cando:

    12 de abril, 10 de maio, 14 de xuño e 12 de xullo de 2019.

    Adicionalmente, para xullo hai prevista unha jam especial, con música en directo.

    NORMAL Espazo de Intervención Cultural da UDC organiza os segundos venres de cada mes, desde abril a xullo, jams abertas destinadas a todas as persoas interesadas no movemento, na danza, na creatividade, no corpo-mente, na arte, na exploración persoal, na música…

  • Coworking "Emprendemento musical"

    Cartel cos datos do programa

    Cando:

    Dende o 05/04/2019 ata o 28/06/2019

    A Fundación Paideia, en colaboración coa EOI pon en marcha este programa dirixido a músicos/as emprendedores/as que queiran elaborar o plan de negocio dos seus proxectos artísticos, así como de ser capaces de definir, dimensionar e avaliar con éxito o modelo máis axeitado para cada tipoloxía de proxecto.

  • Programación con JavaScript - Programa Conecta Emprego Fundación Telefónica

    Cartel do programa "Concecta emprego" sobre a fotografía dunha muller nova sobre a que aparecen conceptos tic interconectados por liñas

    Cando:

    Dende o 08/04/2019 ata o 03/06/2019

    Curso en liña e gratuíto do programa Conecta Emprego da Fundación Telefónica. Neste curso aprenderás a utilizar a linguaxe JavaScript, e as principais librerías desenvolvidas como apoio a el, para crear código na capa cliente dentro de calquera aplicación web.

  • Programación con Java Standard - Programa Conecta Emprego Fundación Telefónica

    Cartel do programa "Concecta emprego" sobre a fotografía dunha muller nova sobre a que aparecen conceptos tic interconectados por liñas

    Cando:

    Dende o 08/04/2019 ata o 03/06/2019

    Curso en liña e gratuíto do programa Conecta Emprego da Fundación Telefónica. Este curso está deseñado para xente que nunca se propuxo programar, pero quere empezar. Neste curso aprenderás a sintaxe da linguaxe Java e a utilizar as clases máis importantes da edición Java Standard Edition.

  • Formación cooperativa para persoas que queren emprender

    Cartel do curso sobre a fotografía dun grupo de xente diante dunha mesa de traballo

    Cando:

    Dende o 23/04/2019 ata o 26/04/2019

    Espazo Coop organiza esta formación en colaboración coa Universidade da Coruña coa finalidade de achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo.

  • Cursos de informática Aula CeMIT Eirís - Abril 2019

    Imaxe dun teclado de ordenador

    Inscricións:

    Ata o 28/03/2019

    ás 12:00 h.

    A Aula CeMIT Eirís, no Centro Cívico de Eirís, imparte cursos gratuítos de informática: iniciación á informática e o correo electrónico, Libre Office Base I (básico), Libre Office Writer II e como protexer a túa privacidade en Intenet.

  • AFD: Organización do transporte e a distribución

    Cartel cos datos do curso

    Cando:

    o curso comeza o 25 de marzo de 2019

    Inscricións:

    Ata o 22/03/2019

    Curso de formación para o emprego destinado a persoas desempregadas que impartirá o centro de Formación AcMark, co que se adquirirá o certificado de profesionalidade COML0209 (nivel 3).

Resultados: 49

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?