42 resultados
Dende o 24/04/2024 ata o 03/07/2024
A Fundación Seoane abre o prazo de inscrición para o obradoiro de escritura "Relatos con voz propia", coordinado polo escritor Fernando Ontañón, no que as persoas participantes buscarán e darán forma á súa voz narrativa e, exercitando técnicas e recursos de estilo, escribirán os seus propios relatos curtos.
Dende o 06/05/2024 ata o 08/07/2024
O CPR Tomás Barros abre o prazo de inscrición para un curso de iniciación á lingua de signos española que se impartirá os luns de maio a xullo en horario de mañá e tarde.
16/05/2024
A Biblioteca do Fórum Metropolitano acolle un Obradoiro de Regueifas impartido por Lupe Blanco e Xurxo Souto. A actividade enmárcase no ciclo temático "Conta a lenda..." adicado a tradición oral como herdanza cultural e memoria dunha sociedade.
Dende o 22/04/2024 ata o 31/05/2024
A UNED A Coruña organiza un curso encamiñado a adquirir coñecementos sobre Microsoft Excel e follas de cálculo. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
A formación poderase realizar entre o 20/02/2024 e o 31/08/2024.
Formación en liña e gratuíta da Fundación Telefónica.
Dende o 05/04/2024 ata o 13/05/2024
A UNED organiza este curso no que se iniciará a acódelas asistentes na relación entre esta nova tecnoloxía e o mundo xurídico, especialmente desde o punto de vista da Filosofía Xurídica, pero sen deixar ao carón as súas implicacións no día a día xurídico e a súa regulación a nivel nacional, comunitario e internacional. Asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
Dende o 03/06/2024 ata o 29/08/2024
Acción formativa gratuíta destinada a persoas desempregadas impartida por nt:For.
Dende o 13/05/2024 ata o 27/08/2024
Acción formativa gratuíta destinada a persoas desempregadas impartida por nt:For co que se obterá un certificado de profesionalidade de Nivel 3 (formación no traballo técnico).
Adams impartirá ao longo do mes de abril cursos de diversos ámbitos formativos.
Dende o 30/04/2024 ata o 23/06/2024
Matrícula seguimento en DIRECTO: pecharase ás 19:00h do día lectivo anterior á celebración da primeira sesión do curso.
Matrícula seguimento DIFERIDO: pecharase ao finalizar a última sesión do curso.
A UNED A Coruña organiza un curso dirixido a revisar conceptos básicos de matemáticas vinculados á área de álxebra. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
resultados 42
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible