Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

37 resultados

  • Lentes Violetas, para entidades de tempo libre

    Cando:

    até maio de 2024.

    Aventeira propón ás entidades socio-educativas e de tempo libre, un proxecto de balde, subvencionado pola Deputación da Coruña, para axudar a dar forma ás súas lentes violetas e facilitar que coa súa intervención mude tamén o mirar das súas persoas usuarias. Todas elas están concibidas para desenvolverse a través dunha metodoloxía activa e participativa.

  • Escola de Empoderamento | O ocio e o tempo libre como espazo de participación

    Cando:

    Dende o 11/05/2024 ata o 12/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 23/02/2024

    A inscrición debe realizarse unha semana antes da celebración do curso. A partir desta data só entrarán solicitudes en caso de haber prazas sen cubrir.

    Terceiro módulo, independente, da Escola de Empoderamento organizada por Aventeira, terá lugar no albergue Aldea Nova de Narón.

  • Escola de Empoderamento | Participación infantil e xuvenil en políticas públicas

    Cando:

    Dende o 27/04/2024 ata o 28/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 23/02/2024

    A inscrición debe realizarse unha semana antes da celebración do curso. A partir desta data só entrarán solicitudes en caso de haber prazas sen cubrir.

    Segundo módulo, independente, da Escola de Empoderamento organizada por Aventeira, terá lugar no albergue Aldea Nova de Narón.

  • Preparación exame certificación oficial Trinity B1, B2 e C1. Curso 2023-2024

    Cando:

    Dende o 06/03/2024 ata o 02/05/2024

    Inscricións:

    • Matrícula seguimento en DIRECTO: pecharase ás 19.00 h do día lectivo anterior ao comezo da primeira sesión do curso.
    • Matrícula seguimento DIFERIDO: pecharase ao finalizar a última sesión do curso.

    A UNED imparte este curso de oito clases para explicar o contido dos exames internacionais do Trinity: en que consisten as catro partes do exame, o nivel de inglés necesario para realizalos, ferramentas para preparalos correctamente, e como afrontalos con soltura o día do exame. O seguimento pode facerse presencial e en liña en directo ou en diferido.

  • Curso «Europeana na aula»

    Cando:

    Dende o 13/03/2024 ata o 10/04/2024

    Inscricións:

    Ata o 06/03/2024

    Curso de formación para profesorado co obxectivo de facilitar o uso do patrimonio cultural nas actividades de aula.

  • Programación febreiro-abril no Espazo Diverso

    Cando:

    Dende o 27/02/2024 ata o 30/04/2024

    O Espazo Diverso, espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero, abre o prazo de inscrición para as actividades e obradoiros que oferta durante os meses de febreiro, marzo e abril de 2024.

  • Cursos TIC en liña e gratuítos - Cluster Tic Galicia

    A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster TIC Galicia poñen en marcha unha nova edición deste programa para a realización de accións formativas destinadas a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia, para dar resposta ás necesidades actuais do mercado.

  • Curso Santander English En liña 2024 - British Council

    Cando:

    O programa comeza o 20 de maio.

    Inscricións:

    Ata o 10/04/2024

    O Banco Santander e British Council ofertan para o 2024 8.000 prazas para o curso en liña gratuíto de formación en inglés "En liña English Learning", destinado a estudantes e mozos profesionais maiores de 18 anos de 13 países co obxectivo de mellorar as súas competencias en inglés e, con iso, o seu empleabilidad.

  • Consentimento e agresións sexuais: a Lei de só si é si, da teoría á práctica

    Cando:

    Dende o 24/04/2024 ata o 13/05/2024

    Inscricións:

    A matrícula pecharase ás 11:00h do día de celebración da primeira sesión do curso. A partir dese momento, só estará dispoñible o seguimento en liña en diferido.

    UNED Ferrol organiza un curso para analizar o impacto real que tivo na práctica a Lei Orgánica de Garantía Integral da Liberdade Sexual. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.

  • CURSOS PICE (Garantía Xuvenil)- Cámara de Comercio da Coruña - 1º semestre 2024

    Formación presencial e en liña correspondente ao Programa de Integración e Cualificación para o Emprego (PICE) para persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.

resultados 37

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión