Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

215 resultados

  • Programación Sala Marilyn Monroe, abril 2024

    Cando:

    Dende o 05/04/2024 ata o 27/04/2024

    A sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano presenta no mes de abril o ciclo de cinema "Xabier P. Docampo na memoria"

  • Prepara a túa Oposición: Dereito Autonómico Galego

    Cando:

    Dende o 08/04/2024 ata o 22/04/2024

    Inscricións:

    Ata o 08/04/2024

    11:00h.

    A aula UNED Ferrol organiza este curso que explica os fundamentos do Dereito Autonómico Galego, centrándose na análise do Estatuto de Autonomía de Galicia, o seu contido e estrutura, o Parlamento, a Xunta e o seu Presidente, a Administración de Xustiza en Galicia, as competencias de Galicia e a Administración Pública Galega, así como na descrición das principais leis autonómicas. Asistencia en liña en directo ou en diferido.

  • Praza de auxiliar de administración xeral do Concello de Coirós

    Inscricións:

    Ata o 03/04/2024

    Convocatoria para a selección dunha praza de auxiliar de administración xeral funcionario ou funcionaria de carreira, grupo C, subgrupo C2, escala Administración xeral, subescala auxiliar. O sistema de selección será o de oposición.

  • Programación Sala Fernando Rey, abril 2024

    Cando:

    Dende o 04/04/2024 ata o 27/04/2024

    A sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano presenta no mes de abril o ciclo de cinema "A outra beira"

  • Bolsas Fundación Antonio Gala para Mozos Creadores 2024-2025

    Inscricións:

    Ata o 15/04/2024

    A Fundación Antonio Gala para Mozos Creadores abre o prazo de inscrición da XXIII Convocatoria Internacional de Axudas á Creación, que ten como finalidade apoiar e promover o labor creativo de novos artistas en diferentes modalidades.

  • Festival Solidario de Primavera Xacarandaina

    Cando:

    04/05/2024

    O Centro Ágora acolle unha nova edición do Festival solidario de primavera Xacarandaina. Este ano, a recadación doarase á Asociaicón Boanoite.

  • Persoal do Servizo de Salvamento e Socorrismo nas praias de Oleiros

    Inscricións:

    Ata o 10/04/2024

    Convocatoria para cubrir con persoal funcionario interino por programas de carácter temporal, os postos do servizo de salvamento e socorrismo nas praias do concello de Oleiros durante a tempada de verán de 2024. Sistema de selección por concurso-oposición, quenda libre.

  • "Dioses y héroes del Barroco veneciano"

    Cando:

    Dende o 15/03/2024 ata o 14/07/2024

    A Fundación Barrié acolle a exposición "Dioses y héroes del Barroco veneciano".

  • Concurso Literario Xaime Illa Couto

    Inscricións:

    Ata o 12/04/2024

    ata as 14.00 h.

    O Concello de Poio convoca unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto, nas modalidades de poesía e relato curto ou conto.

  • IV Concurso “O noso futuro é a nosa historia”

    Inscricións:

    Ata o 01/05/2024

    A Asociación Futuro da Educación da Región de Murcia (AFEReM) convoca unha nova edición do concurso de memoria histórica para mozas “O noso futuro é a nosa historia”, nesta ocasión ampliando a participación a todo o ámbito estatal.

resultados 215

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión