Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.
260 resultados
Ata o 13/05/2024
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia.
Dende o 25/08/2024 ata o 29/08/2024
Ata o 24/05/2024
ata as 14:00 h.
O Departamento de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca 40 prazas gratuítas para a participación no XIV Encontro de Artistas Novos, un espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais
A continuación publícanse as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 22 de abril.
Ata o 20/05/2024
A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, convoca a XXVI edición do seu certame para bandas e solistas de diversos estilos musicais co obxectivo de promover a cultura musical na nosa contorna e dar a coñecer proxectos que non teñan unha longa traxectoria, con especial atención ás bandas galegas e da Coruña, aínda que o concurso está aberto á participación de artistas de toda España.
Ata o 19/04/2024
Emalcsa abre o prazo de presentación de solicitudes cuxo proceso de selección realizarase por concurso oposición.
Ata o 19/04/2024
Emalcsa abre o prazo de presentación de solicitudes cuxo proceso de selección realizarase por concurso oposición.
Ata o 28/04/2024
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para alumnado de 6º de Educación Primaria e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun programa de inmersión lingüística en lingua inglesa en España durante o curso 2024/2025.
Dende o 22/04/2024 ata o 31/05/2024
A UNED A Coruña organiza un curso encamiñado a adquirir coñecementos sobre Microsoft Excel e follas de cálculo. A asistencia pode ser en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
A formación poderase realizar entre o 20/02/2024 e o 31/08/2024.
Formación en liña e gratuíta da Fundación Telefónica.
Ata o 31/07/2024
O XXII Premio de Poesía Afundación é unha iniciativa da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e do Centro PEN de Galicia, e conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. O seu obxetivo é impulsar a creación en lingua galega.
resultados 260
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible