Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatorias

Directorio de convocatorias actualizadas diariamente, para que poidas estar sempre informado/a.

Non perdas

215 resultados

  • XVIII Premio Internacional de Poesía Antonio Gala

    Inscricións:

    Ata o 19/05/2024

    A Concellería de Cultura do Concello de Alhaurín el Grande convoca o XVIII Premio Internacional de Poesía Antonio Gala para menores de 35 anos.

  • III Certame de Microrrelatos Feministas da Universidade da Rioxa

    Inscricións:

    Ata o 30/04/2024

    A Universidade da Rioxa convoca o III Certame de Microrrelatos Feministas co obxecto de difundir o talento literario e espertar a imaxinación daquelas persoas interesadas na escritura en lingua española, así como poñer en valor a importancia histórica e actual do fenómeno do feminismo.

  • XXIX Xornadas de orientación artística e profesional (XOAP 2024)

    Cando:

    Dende o 15/04/2024 ata o 22/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 01/04/2024 ata o 08/04/2024

    O prazo de inscrición será do 1 a 8 de abril, ás 14.00 h., para o alumnado matriculado en centros da Coruña e do 3 ao 8 de abril, ás 14.00 h., para os de fóra da cidade, persoas non matriculadas e adultos.

    As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

  • Bolsas de investigación para o ano 2024

    Inscricións:

    Dende o 23/03/2024 ata o 16/04/2024

    ás 14:00 h.

    A Deputación Provincial da Coruña convoca 20 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria, co obxectivo de apoiar a actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.

  • XXV Concurso de Narracións “Cuando yo era joven

    Inscricións:

    Ata o 05/04/2024

    O Concello de Leioa convoca XXV edicións do concurso de narracións "Cuando yo era joven".

  • XI Concurso de Fotografía do Museo Liste de Vigo

    Inscricións:

    Ata o 23/04/2024

    O Museo Liste-Etnográfico de Vigo convoca a 11ª edición do seu concurso de fotografía co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos, o 18 de maio. O concurso pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos, artísticos, etnográficos e antropolóxicos.

  • XXII Concurso de Poesía co Concello de Marín

    Inscricións:

    Ata o 03/05/2024

    ata as 14.00 h.

    O Concello de Marín convoca a 22º edición do concurso de poesía polo Día das Letras Galegas.

  • Certame de relato curto do Concello de Pontecesures

    Inscricións:

    Ata o 26/04/2024

    ata as 14.00 h.

    O Concello de Pontecesures convoca un concurso de relato curto para o Día das Letras Galegas 2024 co obxectivo de fomentar a creatividade e expresión literaria entre as estudantes de secundaria na lingua galega.

  • Bolsas Fulbright para ampliación de estudos en EEUU, curso 2025-2026

    Inscricións:

    Ata o 15/04/2024

    A Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos, Fulbright España, convoca bolsas para que titulados superiores españois poidan cursar estudos de Master ou Ph.D en universidades de EEUU en calquera disciplina.

  • Exames oficiais de Francés DELF-DALF | Alianza Francesa da Coruña

    Cando:

    Os exames realizaranse durante o mes de xuño.

    Inscricións:

    Dende o 01/03/2024 ata o 09/04/2024

    A Alianza Francesa da Coruña ten aberto o prazo de matrícula para os exames oficiais de Francés DELF-DALF.

resultados 215

Convocatorias

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión