Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Título Oficial de Inglés

Nivel de estudos
Ensinanzas de idiomas
Duración
6 anos
Información xeral

As titulacións oficiais de idiomas son ensinanzas de réxime especial que se imparten nas Escolas Oficiais de Idiomas, centros públicos que dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Modalidades de estudo:

  • LIBRE: enténdese por alumnado libre aqueles que se matriculan na EOI só para realizar o exame correspondente ás probas de certificación de nivel (Básico, Intermedio ou Avanzado) e obter o certificado correspondente.
  • OFICIAL PRESENCIAL: permítelles aos alumnos a asistencia á clase durante o curso académico, cunha duración mínima de 130 horas. Tamén teñen dereito á realización das probas de final de curso: probas de promoción (Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1) ou probas de certificación de nivel (Básico, Intermedio e Avanzado).
  • OFICIAL A DISTANCIA (ver That´s English)
Requisitos

(Para a modalidade presencial):

  • Ter 16 anos cumpridos no ano en que se comecen os estudos.
  • Ter máis de 14 anos para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na ESO como primeira lingua estranxeira.

Tipos de acceso:

  • Por promoción de curso.
  • Directo por titulación.
  • Mediante realización de probas de clasificación.
  • O certificado do nivel básico dará acceso ás ensinanzas do nivel intermedio.
  • O certificado do nivel intermedio dará acceso ás ensinanzas do nivel avanzado.
  • O título de bacharelato habilita para acceder directamente aos estudos de idiomas de nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato.
Plano de estudos
O título de Inglés da Escola Oficial de Idiomas está estruturado en tres niveis:
  1. Básico (Básico I e Básico II)
  2. Intermedio (Intermedio I e Intermedio II)
  3. Avanzado (Avanzado I e Avanzado II)
Observacións
As titulacións que se poden acadar cos estudos da EOI son:
  • CERTIFICADO DE ESTUDOS DE NIVEL BÁSICO (A2).
  • CERTIFICADO DE ESTUDOS DE NIVEL INTERMEDIO (B1).
  • CERTIFICADO DE ESTUDOS DE NIVEL AVANZADO (B2).
Máis información
Nos centros onde se imparte:
  • EOI DA CORUÑA
  • Sección de Culleredo (IES Cruceiro Baleres. Tel.: 981 660 700)
  • Sección Carballo (Pazo da Cultura. Tel.: 981 701 172)
  • Sección Cee (IES Fernando Blanco. Tel.: 981 745 350)
  • EOI de SANTIAGO
  • Sección de Santiago (IES do Sar. Tel.: 981 563 321) 
  • Sección de Noia (IES Virxe do Mar. Tel.: 981 820 119)
  • Sección de Ribeira (IES Nº1. Tel.: 981 871 140)
  • Sección de Ordes (IES Nº 1. Tel.: 981 680 922)
  • EOI de FERROL
  • Sección de Cedeira (IES Punta Candieira. Tel.: 981 481 202)
  • EOI de LUGO
  • EOI de RIBADEO (Casa do Óptico. Tel.: 982 129 657)
  • EOI de Monforte de Lemos
  • EOI de Viveiro (R/ Lavandeiras, s/n. Tlf: 982 551 745) 
  • EOI de OURENSE
  • Sección do Barco (IES Lauro Olmo. Tel.: 988 320175)
  • Sección de Verín (IES García-Barbón. Tel.: 988 410 379)
  • Sección do Carballiño (IES Manuel Chamoso Lamas. Tel.: 988 271 122)
  • EOI de PONTEVEDRA
  • Sección de Pontevedra (IES Valle Inclán. Tel.: 986 866 448)
  • Sección de Lalín (IES Ramón Mª Aller Ulloa. Tel.: 986 780 114)
  • Sección da Estrada (IES Antón Losada Diéguez. Tel.: 986 570 336) 
  • EOI de VIGO
  • Sección de Vigo - Coia (IES Alexandre Bóveda. Tel.: 986 292 812)
  • Sección de Cangas (IES de Rodeira. Tel.: 986 303 933)
  • Sección de Tui (IES San Paio. Tel.: 986 600 319) 
  • Sección de Ponteareas (IES Val do Tea. Tel.: 986 640 734) 
  • EOI de VILAGARCÍA DE AROUSA

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión