Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Antenas de Información Xuvenil curso 2019-2020

O CMIX busca voluntarias/os para a edición 2019-2020 do "Programa de Acción Voluntaria Antenas de Información Xuvenil en centros públicos e centros concertados con ESO e Bacharelato da Coruña". Esperámoste!

Cuándo:

O programa AIX desenvolverase de novembro de 2019 a maio de 2020

Inscripciones:

Hasta el 25/10/2019

ata as 20.00 h

Requisitos:

  • Ter un mínimo de 15 anos e un máximo de 30 anos cumpridos a 31/12/2019
  • Rapaza ou rapaz, soa/só ou acompañada/o, matriculada/o no centro de estudos noque se desenvolva o programa (a Antena de cada centro poderá ser xestionada por un máximo de 3 persoas)
  • As persoas menores de idade precisarán autorización asinada pola/o responsable legal

Organizador:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil

Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 184 294

correo-e: cmix@coruna.es

www.coruna.gal/cmix

Documentos:

Descargar folleto e formulario de solicitude 2019-2020 (1 MB)

TI PODES SER A ANTENA DE INFORMACIÓN XUVENIL DO TEU CENTRO!

Ofrecémosche:

  • Recibir formación en materia de información xuvenil
  • Recibir gratuitamente o carné xove, o carné internacional de estudante, e o carné dealberguista durante o ano escolar no que estás como Antena de Información Xuvenil
  • Obter un certificado que acredite a túa participación no programa
  • Recibir entradas a eventos organizados ou programados polo Concello da Coruña (concertos, deportes, cine, teatro,etc).

Cales serán as túas funcións?

  • Manter o taboleiro informativo actualizado semanalmente, ordenado e atraente
  • Redifundir información de interese xuvenil a través dos medios de comunicación aoseu alcance: redes sociais, compañeiras/os de instituto, delegadas/os de clase, etc.

A que te compremetes? 

  • A asistir ás accións formativas e reunións de coordinación que se convoquen
  • A establecer un acordo de incorporación para o desenvolvemento deste programa

INTERÉSACHE?...DATE PRÉSA... Preséntate!

CANDO E ONDE TES QUE ENTREGAR A SOLICITUDE? 

Tes ata o 25 de outubro ás 20.00 h. para presentar no Centro Municipal de Información Xuvenil a seguinte DOCUMENTACIÓN:

  • A ficha de solicitude oficial cuberta
  • Unha copia do DNI, NIE ou documento acreditativo da identidade
  • Menores de idade: autorización asinada xunto coa copia do DNI da persoa responsable legal que asina a autorización (descarga  aquí modelo de autorización).
  • Unha carta de motivación* na que apareza:
    • Cales son as túas expectativas respecto a este programa, e os intereses que televaron a presentarte.
    • Como xestionarías o taboleiro de información xuvenil do teu centro.
    • Que farías para animar as túas compañeiras/os a estar ben informadas/os, ecal sería a túa proposta de difusión complementaria de información a travésdas canles dixitais ao teu alcance.
    • Se pertences a alguna asociación ou colectivo non formal indica nome dogrupo ou asociación, función que desempeñas e desde cando 

*Se prefires presentar unha solicitude conxunta con 1 ou 2 compañeiras/os do teu centro, a carta de motivación será unha por candidatura, non por persoa

Podes presentar a túa solicitude presencialmente no Centro Municipal de Información Xuvenil (de luns a venres de 10.00 a14.00 e de 17.00 a 20.00 h e os sábados de 11.00 a 14.00 h), ou tamén enviala por correo-e a cmix@coruna.es (non esquezas adxuntar a túa carta de motivación e o resto da documentación)

COMO SABERÁS SE ES OU NON ELIXIDA/O COMO ANTENA?

O 28 de outubro publicarase na web www.coruna.gal/cmix a lista provisional coas persoas seleccionadas. 

Consulta  aquí  as BASES COMPLETAS do programa.

No pierdas

Actividades

Inscripción en Actividades

Nuevo proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

 

Cómo inscribirme en una actividad

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?