Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Bolsas de carácter xeral para estudos postobligatorios. Curso 2019-2020

O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas de carácter xeral para o curso académico 2019-2020, para o estudantado que curse estudos post-obrigatorios.

Inscricións:

  • Ata o 15 de outubro de 2019, inclusive, para o estudantado universitario.
  • Ata o 1 de outubro de 2019, inclusive, para o estudantado non universitario.

Requisitos:

  • Estudantado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar
  • Cumprir determinados requisitos de aproveitamento académico
  • Estar a cursar algunhas das seguintes ensinanzas:
    • Ensinanza post-obrigatoria e superior non universitaria do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
      • Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
      • Formación profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
      • Ensinanzas artísticas profesionais.
      • Ensinanzas deportivas.
      • Ensinanzas artísticas superiores.
      • Ensinanzas relixiosas superiores.
      • Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
      • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas as ensinanzas de formación profesional.
      • Formación profesional básica.
    • Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:
      • Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de grao e de máster, incluídos os estudos de Grao e Máster cursados nos centros universitarios de Defensa e da Garda Civil.
      • Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
      • Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao. Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades
  • Non posuír no momento de solicitar a bolsa un título de nivel igual ou superior ao dos estudos para os que se pide a bolsa.
  • A solicitude deberase cubrir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Remuneración / Dotación:

  • Contías fixas:
    • Bolsa de matrícula para o estudantado universitario. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou a ou o estudante por primeira vez no curso 2019-2020
    • Contía fixa ligada á renda da ou do estudante: 1.600 €, tanto para o estudantado universitario como o non universitario.
    • Contía fixa ligada á residencia da ou do estudante durante o curso escolar: 1.500 €, tanto para o estudantado universitario como o non universitario.
    • Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 €
    • Bolsa básica para o estudantado non universitario: 200 €
  • Contía variable e distinta para as e os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente da ou do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60 €.

Páxina web:

www.educacionyfp.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Los Madrazo, 15. 28014 Madrid

Tel. 910 837 937

Unidade de Bolsas UDC

Campus de Elviña (Pavillón de Estudantes)

Tel. 981 167 000 - Correo: bolsas@udc.es

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Edif. Adm. de Monelos. R/ Vicente Ferrer, 2, 7.º

15008 A Coruña

Tel. 981 184 701

Publicación:

BOE 31/07/2019 (Extracto da convocatoria)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif.) 466805

BOE 13/07/2019 (Limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2019-2020)

BOE 17/01/2018 (Real decreto 1721/2007, do 21 de decembro, polo que se establece o réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas)

Non perdas

Actividades

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?