Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Exposición “3 es 3” na sala Plataforma14

Cando:

Dende o 30/11/2017 ata o 12/01/2018

A exposición inaugurarase o 30 de novembro ás 20:00 horas.

Horario:

  • De luns a venres de 9:00 a 21:00 h.
  • Sábados de 9.00 a 14:00 e de 17:00 a 21.00 h.

Enderezo:

Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

de balde.

Páxina web:

www.coruna.es/cmix/plataforma14

Contacto:

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1

15006 - A Coruña

Tfno: 981 184 294

cmix@coruna.es 

Nesta exposición, Olalla Franco, Nacho Martínez e Pedro Silva, tres artistas vinculados pola súa formación no ciclo de escultura da Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso, presentan un proxecto expositivo que constará de tres únicas pezas adaptadas e deseñadas ao espazo da sala de exposicións.

Tres instalacións montadas ao longo de tres días. Cada unha dun/ha autor/a, pero abertas á interacción entre elas, na que a idea da exposición nace cun condicionante externo que acouta a proposta, o tempo. Estas obras de carácter efémero trasladan o protagonismo ao proceso de creación, que será exposto a través das redes sociais ao longo da sua xénese.

As obras e técnicas utilizadas serán a de muráis de gran formato utilizando táboa contrachapada evocando motivos xeométricos e paisaxes fundamentados no uso da liña; e unha instalación escultórica de madeira na que o propio material configurará o movemento.

A sala Plataforma14, pertencente a Concellaría de Participación e Innovación Democrática e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil, pretende visibilizar a creación realizada polos/as artistas emerxentes da nosa cidade. Toda a información sobre este espazo pode atoparse na web www.coruna.gal/cmix/plataforma14.

Non perdas

Actividades

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?