Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

CMIX

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Galeuropa 2019 - Programa de mobilidade transnacional xuvenil: axudas individuais á mocidade

Cuándo:

O período de realización das prácticas formativas non laborais nas empresas ou entidades dos países europeos rematará en todo caso o 30 de novembro de 2019.

Inscripciones:

Hasta el 29/05/2019

Requisitos:

  • Beneficiarios: mozos e mozas individualmente, inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan un mínimo de 18 anos e menos de 30 anos. Requisitos de inscrición no ficheiro do SNGX:
    • Ter menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro.
    • Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
    • Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
    • Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
    • Para inscribirse no SNGX: https://garantiajuvenil.sepe.es/nuevaSolicitud
  • Os requisitos establecidos, agás o de idade, deberán cumprirse no momento da presentación da solicitude.
  • Obrigas: buscar pola súa conta a empresa/entidade pública ou privada para a realización das prácticas. Dispoñer dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para facer as prácticas, así como da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico que dean cobertura equivalente durante o período de duración das mobilidades.
  • Presentación de solicitudes: vía telemática ou en soporte papel. Recoméndase solicitar o acceso a Sede Electrónica para o envío de documentación, xa que, unha vez no estranxeiro e mais doado poder achegar documentación complementaria ou de xustificación da axuda, evitando desprazamentos ata as representacións diplomáticas ou oficinas consulares.

Remuneración / Dotación:

  • Realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas dalgún dos siguentes países europeos: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Baixos, Polonia, Portugal (Azores e Madeira incluidos), R. Checa, R. Unido, Romanía e Suecia.
  • A duración das prácticas será de mínimo de 2 meses e máximo 3 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 30 de novembro de 2019. Mínimo de 100 horas mensuais.
  • Axudas. A contía económica dependerá do país de destino e cubrirá:
    • Apoio lingüístico (150€). Require petición expresa na solicitude.
    • Viaxe (gastos viaxe de ida e volta da persoa participante segundo o país de destino da mobilidade).
    • Aloxamento e manutención (custos/mes/día para cada participante segundo o país de destino). 
  • A realización das prácticas formativas non laborais xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade, regulado na Orde do 26 de febreiro de 2015.

Página web:

Galeuropa 2019

Organizador:

Consellería de Política Social - Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado 

Contacto:

Consellería de Política Social 

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado 

Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil 

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar 15781 Santiago de Compostela

Tel.:  981 544 645 / 981 544 85 / 981 545 937

galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es

xuventude.xunta.es 

Publicación: DOG 29/04/2019

Procedemento: BS324A. Mozas e mozos individualmente.

A Consellería de Política Social convoca as axudas do programa Galeuropa para proxectos de mobilidade transnacional dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos.

No pierdas

Actividades

Inscripción en Actividades

Nuevo proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

 

Cómo inscribirme en una actividad

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?