Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Voluntariado ambiental no litoral galego

Cando:

agosto de 2018

Requisitos:

  • Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade. As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta que a súa indumentaria debe ser axeitada ás actividades a realizar.
  • Co carácter previo realizarase unha formación teórica inicial na que se tratará:
    • Situación xeográfica das praias nas que se vai traballar e as súas características particulares de acceso, usos profesionais e lúdicos.
    • Xustificacións da acción voluntaria a desenvolverase
    • App MARNOBA
    • Protocolos de actuación e material a utilizar nas posibles accións voluntarias a desenvolver:retirada de lixo, verteduras ilegais...
    • Prevención de riscos laborais

Páxina web:

Voluntariado ambiental no litoral

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Servizo de Voluntariado e Participación

voluntariado@xunta.es

www.voluntariadogalego.org

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon en marcha un novo programa de voluntariado ambiental no litoral orientado a estimular o interese pola preservación e defensa ecolóxica desta zona marítima así como adquirir valores e actitudes de responsabilidade co medio ambiente no litoral.

O programa vai dirixido a impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias (un total de 8 por cada quenda) que queiran implicarse na conservación e mellora do medio ambiente no litoral cunha incidencia directa no entorno e que pode resultar unha magnífica oportunidade de desenvolver e acadar un enriquecemento persoal que lles permita un coñecemento do entorno social e medioambiental no que viven e a posibilidade de adquirir habilidades de formación para o futuro.

Actividades:

  • Retirada do lixo no litoral, a súa catalogación e clasificación posterior.
  • Labores de vixilancia ambiental (cantidade e calidade de lixo presente, varamentos de cetáceos, localización de puntos de verteduras de augas contaminantes, vertedoiros ilegais, manchas de petróleo nas praias procedentes da limpeza de bodegas de barcos).
  • Cinzas procedentes de incendios forestais.

O programa inclúe:

1. Aloxamento e pensión completa

2. Programa de actividades e monitores

3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil

As persoas voluntarias deberán desprazarse por conta propia ata o punto de encontro.

Quendas:

  • Primeira quenda: do 20 ao 24 de agosto. Lugares: praias da Costa da Morte (Corme, Laxe, Arou, Camelle, Baldaio, Razo...)
  • Segunda quenda: do 27 ao 31 de agosto. Lugares: golfo Ártabro (rías de Betanzos, A Coruña, Ares e Ferrol).

INSCRICIÓNS: cubrindo o formulario de inscrición dispoñible na web ww.voluntariadogalego.org. Nota: Só se poderá cubrir o formulario unha vez, e só podes podes elixir unha quenda, se precisas facer algún cambio debes indicalo enviando un mail a voluntariado@xunta.es.  Se volves a cubrir o formulario perderás o teu posto e pasarás directamente ao final da lista.

Non perdas

Actividades

Inscrición en Actividades

Novo proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?