Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Traballo no estranxeiro

Consellos previos

Se tomaches a decisión de traballar no estranxeiro, é recomendable que teñas en conta os seguintes consellos :
  • Documentación que che fará falta
    • DNI e/ou pasaporte
    • Asistencia sanitaria
    • Cartón sanitario Europea que acredita o dereito para recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, desde un punto de vista médico, durante a túa estancia temporal por motivos de traballo, estudos, turismo, no territorio da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo e en Suíza.
    • Se o país non pertence a Europa, tes que consultar se será necesario contratar un seguro privado.
    • Carné de conducir. O permiso de condución é válido na UE, pero pode non selo noutros países nos que necesitarás homologalo. Tamén pudes solicitar o permiso internacional de condución
    • Certificado de nacemento e libro de familia.
    • Fotografías tamaño carné para os primeiros trámites.
    • Homologación ou recoñecemento do teu título ou certificado de profesionalidade, do que che falamos na seguinte sección.
  • Vacinas. Consulta na páxina web do Ministerio de Sanidade xa que nalgúns casos será necesario que che vacines contra determinadas enfermidades.
  • Se estás a cobrar unha prestación ou subsidio por desemprego, debes comunciarlo na túa oficina do Servizo Público de Emprego, xa que as condicións da prestación variarán segundo o motivo e a duración do teu traslado. Tes máis información picando aquí.
  • Unha vez que chegases ao país de destino, debes inscribirche no Rexistro de Matrícula Consular no Consulado ou na Embaixada Española do país.

Volver a menú

Validez de títulos e certificados de formación: rede ENIC - NARIC e suplemento ao título / certificado de profesionalidade

REDE ENIC- NARIC

Un dos primeiros trámites que debes realizar antes de ir traballar ao estranxeiro é comprobar a validez do teu título formativo no país de destino e a súa necesidade de acreditación para poder exercer unha profesión.

Para facilitarche esta tarefa creouse a Rede ENIC – NARIC da que forman parte a UE, o EEE e Suíza (NARIC), e os países membros do Consello de Europa e a UNESCO (ENIC). A súa principal función é proporcionar información (non levan a xestión) sobre os diferentes procesos de recoñecemento académico (homologación), validación parcial de estudos e recoñecemento profesional.

A información proporciónase a través da súa web: http://www.enic-naric.net/ e da rede de correspondentes en cada país, que estará vinculada directa ou indirectamente aos correspondentes Ministerios de Educación. En España:

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

SG de Títulos e Recoñecemento de Calificacións

Paseo do Prado, 28 - 28014 Madrid

Tel.: 00 34 91 506 55 93

Fax: 00 34 91 506 57 06

naric@mecd.es

http://bit.ly/21yBKEP

 

Como e onde podo obter o recoñecemento?

Existen dous tipos de recoñecemento:

  • RECOÑECEMENTO DE TIPO ACADÉMICO, para poder continuar os teus estudos noutro país ou cando non existe posibilidade de solicitar un recoñecemento de tipo profesional, é dicir, a profesión non está regulada no país de acollida ou o solicitante ou a súa calificación son dun país de fóra da UE, EEE ou Suíza. A este proceso chámaselle HOMOLOGACIÓN.

    Para solicitar a homologación noutros países, deberás poñerte en contacto con:

    • Centros ENIC - NARIC.
    • Representación diplomáticas.

Medidas compensatorias. No caso de que a formación e coñecementos adquiridos polo interesado presenten diferenzas substanciais respecto do esixido para o exercicio profesional solicitado, haberá de optar entre a realización dun período de prácticas profesional ou dunha proba de aptitude, que deberá superarse con carácter previo ao recoñecemento do título.

SUPLEMENTO AO TÍTULO

O suplemento ao título é un complemento do Pasaporte Europeo de Competencias, do que che falamos noutra sección (LIGAZÓN). É un documento que podes achegar ao título universitario, de FP ou certificado de profesionalidade que contén información sobre: aptitudes e competencias adquiridas, a gama de empregos accesible, os organismos de expedición e acreditación, as distintas maneiras de obter o título ou o certificado, o nivel do título ou certificado e os requisitos de admisión e as posibilidades de acceso ao seguinte nivel de formación. Trátase dun complemento á información incluída no certificado oficial, que facilita a súa comprensión a terceiros, en particular, a empregadores ou institucións doutro país, pero en ningún caso é un substituto do título ou certificado oficial ou un mecanismo que garanta automaticamente o recoñecemento formal do título ou certificado orixinal por parte das autoridades académicas.

Hai dous tipos:

  • SUPLEMENTO AO TÍTULO SUPERIOR: para Título Universitario ou Título de Técnico Superior de Formación Profesional.

    Onde podo obter o suplemento ao título superior?

    O suplemento expídeo o centro de ensino superior que acreditou o título orixinal.

Volver a menú

¿Cómo puedo buscar trabajo en el extranjero?

  • Si quieres trabajar en Europa puedes utilizar el portal de la RED EURES. Esta iniciativa de la UE tiene la función proporcionar INFORMACION SOBRE Las OFERTAS Y DEMANDAS DE EMPLEO en los PAISES DE LA UE y del EEE, así como sobre las condiciones de vida y de trabajo en dichos países. http://ec.europa.eu/eures
  • Utilizar portales y webs de empleo.
  • Hay agencias especializadas en gestionarte la búsqueda de trabajo en el extranjero y que te cobrarán por este servicio. En contenidos relacionados tenéis un listado de ellas.
  • Otra opción es buscar trabajo en Organismos Internacionales.

    Volver a menú

    AU-PAIR

    Au-Pair é unha forma de traballo no estranxeiro que se realiza convivindo cunha familia. A cambio do coidado dos nenos, ofrécese aloxamento, manutención, e unha pequena remuneración cuxa contía dependerá de cada país. O desprazamento ata o lugar de destino corre por conta da Au-Pair.

    Os requisitos do traballo de Au-Pair poden variar en función do país elixido, pero de forma xeral, son as seguintes:

    • Idade entre 18 e 30 anos. Por exemplo, en Gran Bretaña, a idade máxima é de 27 anos.
    • Coñecemento mínimo do idioma do país de destino.
    • Valórase o ter permiso de conducir.
    • Normalmente, as familias adoitan preferir mozas, aínda que algúns países tamén aceptan mozos.

    A estancia Au-Pair adoita durar entre 6 meses e un ano, e a xornada laboral será, como máximo de 5 horas diarias. O resto do tempo, a familia ten que recoñecerche o dereito do teu tempo libre para asistir a clases de idioma ou a outras actividades. Normalmente, terás dereito a un día libre, como mínimo, á semana e a un domingo ao mes.

    A colocación de Au Pair non está contemplada como un contrato senón como unha actividade intercultural.

    ¿Debo facer un contrato de servizo?

    Hai algúns países nos que é obrigatorio asinar un contrato, pero non en todos. O aconsellable é que se asine sempre. Noutros contidos relacionados tes o modelo oficial da UE .

    Se es de fóra da UE, ademais será necesario dispoñer dunha carta de invitación.

    ¿Como busco traballo de au pair?

    O habitual é facelo a través de axencias intermediarias que cobrarán pola xestión. Documento: listado axencias

    • NORMATIVA:

    O réxime au pair está regulado por un acordo do Consello de Europa de 24 de novembro de 1969. España incorpórase ao acordo o 24 de xuño de 1988 (BOE núm. 214 de 6 de setembro de 1988).

    Máis tarde, aprobouse a Resolución de 15/6/89 do Ministerio de Asuntos Exteriores (BOE núm.152 de 27 de xuño de 1989) referente ao traballo au pair


    Outros contidos relacionados

    Volver a menú

    Non perdas

    Actividades

    • Concello da Coruña
      • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
      • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
      • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

    ?