Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Formación para persoas empregadas

Como traballador podes participar nos plans de formación co fin de mellorar as túas competencias e habilidades laborais, ou para pasarte a outros sectores emerxentes nos que se cree emprego e apoie a competitividade das empresas. Estes cursos son sempre gratuítos para o traballador.

O subsistema de formación profesional neste ámbito é de dúas clases:

  • Oferta formativa para traballadores ocupados: ten por obxecto ofrecerlles unha formación que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, ás necesidades de adaptación aos cambios no sistema produtivo e ás posibilidades de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores, de forma que os capacite para o desempeño cualificado das distintas profesións e que lles permita mellorar a súa empregabilidade.
    Como solicito un curso?
    Consulta a oferta formativa nos portais web de formación para o emprego da túa comunidade autónoma onde poderás atopar todos os seus datos (contido, duración, requisitos, lugar de imparticion, prazos etc.). En Galicia a oferta é anual e podes consultala premendo aquí.
  • Formación programada polas empresas: é a formación que realizan as empresas para os seus traballadores e que debe responder ás necesidades específicas de ambos. Deben ser impartidas por centros acreditados ante a autoridade competente da Comunidade Autónoma e os empresarios poden obter bonificacións nas cotas da Seguridade Social.

Centros e entidades inscritas ou acreditadas no Rexistro de centros e entidades de formación para o emprego

TEÑO DEREITO A SOLICITAR UN PERMISO PARA A MIÑA FORMACIÓN?

Debes saber que:

  • Tes dereito a un permiso retribuído de 20 h anuais para a túa formación, coa condición de que o contido do curso estea vinculado á actividade da empresa. Ademais, tes a posibilidade de acumular o permiso nun período de ata cinco anos. Debes negocialo co empresario.
  • Tamén tes dereito a un permiso individual de formación (PIF) para realizar formación recoñecida oficialmente, podendo dispoñer de ata 200 horas por curso ou ano natural. As actividades formativas polas que podes solicitar este dereito son:
    - Titulación oficial expedida polas administracións educativas competentes, con validez en todo o territorio estatal; inclúense os títulos universitarios propios das universidades.
    - Acreditación oficial: títulos e certificados de profesionalidade que constitúen a oferta do Catálogo Nacional das Cualificaciones e outras habilitacións profesionais como instalador electricista, instalador de gas, etc.
    - Participación en convocatorias de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais.

Máis info:

FUNDACIÓN ESTATAL PARA A FORMACIÓN NO EMPREGO

BUSCADOR DE ESPECIALIDADES FORMATIVAS

Non perdas

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?