Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Recoñecemento da experiencia profesional

Poida que leves un tempo traballando nun ámbito laboral determinado sen estudar a formación asociada ao teu traballo, polo que non tes ningún recoñecemento "oficial" da experiencia e a competencia profesional que fuches adquirindo. Para casos como este creouse o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación das competencias profesionais.

Que é?

É o proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e vías non formais de formación.

Este proceso depende das CC.AA., que son as responsables de publicar as correspondentes convocatorias nas que se determinarán as unidades de competencia que se poderán acreditar. Polo tanto, non poderás presentar a solicitude de acreditación en calquera momento, senón que terás que esperar a que se convoque a acreditación das competencias da cualificación profesional que queres acreditar. Por ex.: se traballaches atendendo a xente enferma, terás que esperar a que se convoquen as unidades de competencia da cualificación profesional "Atención sociosanitaria a persoas no domicilio".

En Galicia, as consellerías encargadas destas convocatorias son:

Convocatorias Consellería Traballo

Convocatorias Consellería Educación

Convocatorias resto CC.AA.

Volver a menú

Requisitos xerais

  • Posuír a nacionalidade española, obter o certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou o cartón de familiar de cidadán ou cidadá da Unión, ou ser titular dunha autorización de residencia ou, de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.
  • Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, cando se trate de unidades de competencia correspondentes a cualificaciones de nivel I e 20 anos os niveis II e III.
  • Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar:
    • No caso de experiencia laboral. Xustificar, polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Para as unidades de competencia de nivel I, requiriranse 2 anos de experiencia laboral cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
    • No caso de formación. Xustificar, polo menos 300 horas, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Para as unidades de competencia de nivel I, requiriranse polo menos 200 horas. Nos casos nos que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar contemplen unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nos devanditos módulos.
  • As persoas maiores de 25 anos que reúnan os requisitos de experiencia laboral formativa indicados no apartado anterior pero non poidan xustificalos documentalmente, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Presentarán a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou aprendizaxes non formais de formación.

Volver a menú

Efectos

Aos candidatos que superen o proceso de avaliación expediráselles unha acreditación por cada unha das unidades de competencia nas que demostrasen a súa competencia profesional. Ao concluír todo o procedemento de avaliación os candidatos recibirán un informe que incluirá:

  • No caso de acreditar a súa competencia nunha área concreta, a orientación para completar a formación conducente a un título de Formación Profesional ou a un certificado de profesionalidade.
  • No caso de non lograr acreditar a súa competencia, recibirán orientación sobre as posibilidades de formación que deberían cursar para poder acreditala en posteriores convocatorias.

Volver a menú

Non perdas

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?