Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Plan nacional de implantación da garantía xuvenil

Garantía Xuvenil.

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos ao mercado de traballo. En España enmárcase na estratexia de Emprendemento de Mozos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A Recomendación sobre a Garantía Xuvenil establece que poidan recibir unha oferta de emprego, de educación ou formación tras finalizar os seus estudos ou quedar despedidos.

Requisitos

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión Europea ou dos estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suíza que se encontren en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén se poderán inscribir as persoas estranxeiras titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Estar empadroado/a en calquera localidade do territorio español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos, no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ou ter máis de 25 anos e menos de 30 cando, no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a taxa de desemprego deste colectivo sexa igual ou superior ao 20 por cento, segundo a Enquisa de Poboación Activa correspondente ao último trimestre do ano.
  • Non ter traballado no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil. No caso das persoas demandantes de emprego abondará coa súa inscrición nos servizos públicos de emprego.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil é necesario acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirse. Podes facelo das seguintes maneiras:

  • Acceso ao rexistro con DNI electrónico ou certificado. A forma máis sinxela e rápida de acceder ao rexistro é a través de DNI electrónico, certificado electrónico recoñecido. Información para obtelo
  • Acceso de forma asistida. A solicitude de inscrición pódese realizar coa axuda de persoal especializado en calquera oficina das Cámaras de Comercio unicamente presentando o DNI.
    Na Coruña:
    Cámara de Comercio, Industria e Navegación (previa cita)
    R/ Alameda, nº 30-32 1º
    Tel.: 981 216 072
    empleo@camaracoruna.com
    www.camaracoruna.com
  • Acceso a través do Sistema Cl@ve
    Trátase dunha plataforma común para a identificación, autenticación e firma electrónica.
    Plataforma Cl@ve
  • Acceso con usuario e contrasinal. Se non tes DNI ou certificado electrónico terás que solicitar o teu usuario e contrasinal:
    • Por correo electrónico enviando o nome completo, DNI e teléfono móbil a: garantiaxuvenil@xunta.es ou a través do teléfono 012.
    • A través da web do plan cubrindo este formulario e entregándoo en calquera das oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais.

Despois de recibir o teu usuario e contrasinal, recibirás por correo electrónico a comunicación do teu código de activación que deberás introducir no enlace Activar usuario situado na páxina de acceso ao sistema para obter o seu contrasinal.

Outras formas de acceso

Aquelas persoas que están en risco de exclusión social que conten co certificado que o acredite e/ou discapacidade recoñecida, poderanse inscribir mediante a presentación do formulario adxunto nas oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado e das comunidades autónomas e das entidades sen necesidade de facelo telematicamente.

USUARIOS REXISTRADOS

Unha vez que che deches de alta no sistema poderás recibir ofertas do catálogo de actuacións que se recollen no Plan de Implantación da Garantía Xuvenil e/ou na Estratexia de Emprendimiento e Emprego Novo a través da súa Comunidade Autónoma, a Administración Xeral do Estado, as entidades que colaboran na xestión do Fondo Social Europeo ou das empresas que desexen aplicarse algún dos incentivos previstos na normativa vixente para a contratación de mozas.

Entidades colaboradoras A Coruña

Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña

R/ Alameda, 30-32, 1º, 15003 - A Coruña

Tel.: 981 216 072

pice@camaracoruna.com

www.empleoygarantiajuvenil.es/

Programa PICE (Programa de Cualificación e Emprego)

(con cita previa)

Contido:

  • Plan de Capacitación
  • Plan de Mobilidade
  • Plan de Formación Dual

Cruz Vermella

Cruz Vermella Española na Coruña

R/ Cruz Vermella Española, 1, 15002 - A Coruña

Tel.: 981 221 000

www.cruzvermella.org

Programa para persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil

Contido:

  • Activación, orientación e acompañamento sociolaboral para persoas novas en GX. Accións de activación, motivación e orientación (tanto individual como grupal), avaliación das competencias profesionais e intermediación con empresas.
  • Escola de segundas oportunidades para persoas novas en GX. Persoas novas con baixa cualificación, antecedentes de fracaso escolar e abandono, ou con poucas posibilidades para formarse. A finalidade do programa consiste en motivalos/as a retomar os seus estudos (ofrecéndolles clases de reforzo das materias, bolsas para o estudo e un acompañamento individual en todo este proceso). Testeo de oficios para indagar nos seus intereses profesionais e achegalos/as á realidade do mundo laboral.
  • Formación para o emprego con persoas novas en GJ.
  • Proporcionar unha formación que as capacite para desempeñar unha profesión.

Fundación Paideia

Praza de María Pita, 17, 15001 - A Coruña

Tel.: 981 817 000

www.paideia.es/talleres-socio-ocupacionais/

Talleres socio-ocupacionais

Formación para o emprego dunha duración de 100 horas grupais e 10 horas de titorías individuais. Posibilidade de 50 contratos en empresas galegas durante 6 meses. Participación en programas de mobilidade transnacional: A Ida (prácticas formativas en Europa) e SVE (Servizo de Voluntariado Europeo).

Fundación Once

Cantón Grande, 3, 1º. 15003 - A Coruña

Tel.: 981 145 109

belen.almagro.fsc@fundaciononce.es

http://www.noterindasnunca.org - http://www.portalento.es

Programa "Non te rendas nunca"

Persoas destinatarias: persoas novas con discapacidade.

Contido: plan personalizado de emprego, que inclúe cursos de formación e accións de intermediación laboral coas empresas.

CORUÑA EMPREGO XOVE

Programa de capacitación profesional do Concello da Coruña dirixido a persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.

REQUISITOS:

  • Persoas novas de entre 16 e 29 anos non ocupadas e que non estean integradas nos sistemas de educación nin formación.

CONTIDO: ITINERARIOS INTEGRADOS DE INSERCIÓN

Os Itinerarios Integrados de Inserción laboral perseguen mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas. Para iso, trabállase na adquisición de competencias profesionais e habilidades que faciliten o acceso e a mobilidade no mercado de traballo. Os Itinerarios Integrados supoñen o compromiso e a participación nun proceso de orientación - formación - inserción cunha duración estimada de entre 6 e 9 meses.

Contido

  • Orientación laboral. Grupal e individualizada, durante todo o proceso de inserción, traballando as áreas: relacional, motivacional, formativa, actitudinal, aptitudinal e as ferramentas de procura activa de emprego.
  • Formación específica. Deseño do Plan Personalizado de Formación destinado á adquisición de competencias técnico-profesionais de base necesarias para unha ocupación ou oficio determinado.
    • Impartirase formación específica naqueles sectores nos que existe demanda laboral: actividade comercial, hostalería e actividades auxiliares.
    • A formación específica conta cunha serie de módulos de formación transversal obrigatoria cos que se persegue: fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación e adquirir coñecementos en idiomas.
    • Espazo de Emprego Xove. Neste espazo levaranse a cabo accións de formación complementarias nas seguintes materias: módulos de orientación e motivación para a procura de emprego, formación de apoio para a obtención da ESO, módulos de formación en competencias clave, seminarios de emprendemento e economía social, módulos de preparación de entrevista profesional.
  • Prácticas profesionais titorizadas en empresa.
  • Intermediación laboral.

PRAZO:

Programa aberto durante o ano 2018.

CONTACTO:

Centro Municipal de Emprego "Os Rosales"

Estrada dos Fortes, 16, A Coruña

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Garantía Xuvenil en Galicia
Teléfono: 881 99 57 00
Email: garantiaxuvenil@xunta.es
Web: garantiaxuvenil.xunta.es

Cámara de Comercio, Industria e Navegación (con cita previa)
R/ Alameda, 30-32, 1º
Tfno.:981 216 072
Email: empleo@camaracoruna.com
Web: www.camaracoruna.com

Sistema de Garantía Xuvenil
Teléfono: 060 (opción 3)
Email: garantiajuvenil@meyss.es
Web: www.empleo.gob.es

Non perdas

  • Exposición “O circo da vida” na sala Plataforma14

    Cando:

    Dende o 25/05/2018 ata o 25/06/2018

  • Campamentos deportivos Deputación da Coruña. Verán 2018

    Cando:

    Dende o 22/07/2018 ata o 27/07/2018

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2018

    ás 14:00 horas

  • Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior. Curso 2018-2019

    Cando:

    Proba de madureza: 3 de xullo. Proba específica: 10 de xullo. Realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

    Inscricións:

    Dende o 23/05/2018 ata o 25/06/2018

    A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas. Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como 1ª ou única opción.

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?