Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Emprego

EURES é unha iniciativa da Unión Europea que nace co obxecto de lle axudar á cidadanía da UE, os países do Espazo Económico Europeo (Noruega, Islandia e Liechtenstein), e Suíza a atopar traballo noutros países membros durante todo o ano, á vez que pon á súa disposición unha rede de conselleiros. O acceso e a utilización da rede EURES son gratuítos para os traballadores e os empresarios.

O portal da Rede EURES

A Rede Eures utiliza un sistema informático en todas as linguas oficiais da UE, e a súa función principal é dar INFORMACION SOBRE AS OFERTAS E DEMANDAS DE EMPREGO NOS PAISES DA UE e do EEE, así como sobre as condicións de vida e de traballo nos devanditos países.

A través da súa páxina web poderás:

  • Consultar ofertas de emprego de 31 países europeos que se actualizan en tempo real.
  • Rexistrarte como solicitante de emprego, redactar o teu CV e poñelo a disposición dos empresarios rexistrados e dos conselleiros EURES que lles axudan a atopar os candidatos idóneos.
  • Ademais entrando na sección «Vida e traballo», terás información sobre a situación do emprego e as condicións de vida e de traballo noutro país do EEE.

Rede de conselleiros EURES

Os conselleiros EURES son especialistas formados que prestan os tres servizos básicos de EURES de información, orientación e colocación, tanto ás persoas solicitantes de emprego como aos empresarios interesados no mercado laboral europeo.

Para buscar o teu conselleiro EURES, utiliza o buscador do portal.

Nalgúns países tamén é posible a utilización dun Chat online.

Conselleiro Eures Coruña

Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria

  • Enderezo: M Vitoria Fdez-España e Fdez-Latorre, 1, 15002, A Coruña
  • Coordinación na provincia da Coruña: Covadonga López
  • Teléfono: +34 881 881 338 (é necesario pedir cita)
  • Fax: +34 881 881 339
  • Correo electrónico: eures-coruna.lopez@sepe.es

Axudas á mobilidade EURES

O teu traballo EURES-FSE

Apoio financeiro a traballadores desempregados para que realicen entrevista(s) de traballo ou se incorporen a un posto de traballo, aprendizaxe ou prácticas nun país do Espazo Económico Europeo e Suíza, distinto do de residencia, e/ou para realizar un curso de idiomas vinculado ás necesidades do posto.

Información:

O teu primeiro emprego EURES

É un proxecto para dar apoio financeiro á mocidade de idades entre 18 e 35 anos na procura de emprego nun país da UE distinto ao de residencia e a empresas interesadas na contratación de traballadores novos procedentes doutros países da UE. EURES España é socio dos proxectos de Italia e Suecia.

Información: www.sepe.es

Máis información

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?