Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Para estudantes e titulados de formación profesional: programa Erasmus+. Mobilidade para a aprendizaxe

Erasmus+ ofrécelles aos aprendices e alumnos/as de formación profesional oportunidades de adquirir experiencia profesional no estranxeiro, mesmo novas aptitudes ou idiomas.

Destinatarios

Estudantes de:

  • Ciclos formativos de grao medio
  • PCPI, Formación Profesional básica
  • Escolas Taller e Talleres de Emprego
  • Profesionais ou desempregados en formación, Programas de cualificación
  • Recentemente titulados de ciclos de grao medio ou básico (téñense que seleccionar durante o último ano de estudo)

Onde?

Os alumnos de formación profesional poden realizar períodos de prácticas ou aprendizaxe no estranxeiro en:

  • Un centro de traballo ou outras entidades, como administracións públicas ou ONG.
  • Un Centro de formación profesional
    - Estudos, con períodos de prácticas nunha empresa
    - Períodos de prácticas

Duración

Entre dúas semanas e 12 meses. A preparación é unha parte integral da actividade e pode incluír clases de idiomas e formación cultural e práctica.

Onde as solicito?

Os/as estudantes teñen que esperar a que unha organización de envío, isto é, unha entidade ou organismo á que se lle concedeu un proxecto de Erasmus+, publique unha convocatoria. E, quen pode ser organización de envío? Normalmente será o centro onde ti estudas (Centros de Formación Profesional, públicos ou privados), pero tamén poden selo organismos de carácter local, rexional ou nacional (concellos, deputacións ou CC.AA.), empresas, públicas ou privadas, interlocutores sociais, ou outros representantes do mundo do traballo, centros de investigación, fundacións, ONG.

Como me informo de cando se publica unha convocatoria?

  • Consulta o apartado de convocatorias da nosa web.
  • Se queres saber que organismos teñen concedidos proxectos Erasmus+ preme aquí

Concédese algunha axuda?

Os/as estudantes poden recibir unha bolsa Erasmus+ da UE para contribuír aos gastos de viaxe e estancia durante o período de estudos no estranxeiro. Esta axuda pode ser complementada por outros organismos.

Máis info:

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?