Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Para estudantes e titulados superiores: Programa Erasmus+. Mobilidade para a aprendizaxe.

Os destinatarios desta acción son estudantes matriculados en estudos oficiais de educación superior:

  • Ensino universitario
  • Ensinos artísticos superiores
  • Formación profesional de grao superior
  • Ensinos profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior
  • Ensinos deportivos de grao superior

Canto tempo poden estar os/as estudantes no estranxeiro?

Os/as estudantes poderán facer un número de mobilidades (para estudos ou prácticas) de ata 12 meses de duración en cada un dos ciclos (grao, máster e doutoramento), incluído un posible período de prácticas tras a titulación.

Concédese algunha axuda?

Os/as estudantes poden recibir unha bolsa Erasmus+ da UE para contribuír aos gastos de viaxe e estancia durante o período de estudos no estranxeiro. Esta axuda pode ser complementada por outros organismos.

Que nivel de idiomas se esixe?

O nivel de idiomas virá determinado pola convocatoria da entidade educativa convocante. Para acreditar o nivel deberás presentar un certificado de institucións que acrediten o nivel esixido. Se non dispós desta acreditación, nalgúns casos pódense realizar probas de idiomas.

Que modalidades hai?

Movilidad de estudiantes para estudios

Consiste na realización dun período de estudos nunha institución de educación superior doutro país. Podes consultar na lista de destinos da Oficina de Relacións Internacionais do teu centro.

Os estudantes deberán estar matriculados polo menos en segundo ano.

Como as solicito?

Os beneficiarios finais desta acción son os estudantes, pero a súa participación no programa realízase a través da institución de educación superior onde estean a realizar os seus estudos, ante a que terán que presentar a súa solicitude, seguindo as convocatorias que para tal fin se publiquen.

Canto tempo podes estar no estranxeiro?

De 3 a 12 meses (incluído un período de formación práctica complementario, se está previsto).

Máis info:

Movilidad de estudiantes para prácticas

O período de prácticas é a estancia durante un período de tempo en organizacións públicas ou privadas activas no mercado laboral. Os requisitos que se esixen aos recentemente titulados son:

As prácticas deberanse realizar dentro do ano seguinte á finalización de estudos.

Deberán ser seleccionados durante o seu último ano de estudos, polo que deberás estar atento á convocatoria durante ese ano, e non unha vez finalizados os teus estudos.

Como as solicito?

É a institución de educación superior onde estudas a que selecciona aos estudantes Erasmus, polo que deberás estar atento ás súas convocatorias.

Como busco onde facer as prácticas?

As Axencias Nacionais do programa Erasmus+ puxéronse de acordo para utilizar unha plataforma para a publicación de ofertas de prácticas Erasmus+ desenvolvida polo ESN (Erasmus Student Network): erasmusintern.org

Canto tempo poden durar as prácticas?

Poden durar entre 2 e 12 meses. Un mesmo estudante pode obter bolsas para estudos ou formación no estranxeiro para un máximo de 12 meses por ciclo de estudos.

Máis info:

Másteres y Doctorados

  • Másteres conxuntos. Erasmus+ Mundus

Os graos de máster conxuntos son impartidos por consorcios internacionais de institucións de educación superior e, se procede, outros socios pertencentes ou non ao sector educativo que posúen coñecementos técnicos específicos e intereses en ámbitos de estudo e profesionais cubertos polo programa conxunto.

Todos os estudantes que sigan un máster Erasmus+ Mundus están obrigados a estudar en, polo menos, dous das universidades que o imparten.

¿Onde e cando as solicito?

A solicitude deberás presentala directamente no consorcio que imparte o máster. Cada máster ten os seus propios prazos e procedementos de selección.

Picando aquí podes ver a listaxe de másteres aprobados.

Garantía de préstamos de estudantes de máster

Os estudantes de educación superior que desexen realizar un programa de estudos de máster completo noutro país do programapueden solicitar un préstamo para contribuír aos seus custos. Aínda non se puxo en marcha.

  • Bolsas Marie Sklodowska - Curie: Horizonte 2020

As accións Marie Skłodowska Curie, que se encadran dentro do proxecto europeo Horizonte 2020, ofrecen diversas oportunidades aos estudantes de doutoramento.

Ademais, ofrécese un número limitado de bolsas aos estudantes de doutoramento que participan en programas de doutoramento conxuntos de Erasmus Mundus. As condicións de participación son as mesmas que as dos graos de máster conxuntos.

Os estudantes de doutoramento ou profesores deben solicitar información sobre os cursos e os procedementos de solicitude ao consorcio que imparte os cursos de doutoramento conxuntos.

Máis info picando aquí.

Non perdas

  • Exposición “O circo da vida” na sala Plataforma14

    Cando:

    Dende o 25/05/2018 ata o 25/06/2018

  • Campamentos deportivos Deputación da Coruña. Verán 2018

    Cando:

    Dende o 22/07/2018 ata o 27/07/2018

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2018

    ás 14:00 horas

  • Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior. Curso 2018-2019

    Cando:

    Proba de madureza: 3 de xullo. Proba específica: 10 de xullo. Realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

    Inscricións:

    Dende o 23/05/2018 ata o 25/06/2018

    A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas. Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como 1ª ou única opción.

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?