Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Intercambios xuvenís Erasmus+

No ámbito da mocidade, o programa Erasmus+ ofrece a oportunidade de realizar intercambios xuvenís. Os Intercambios xuvenís permiten a grupos de mozos de diferentes países reunirse e convivir ata un máximo de 21 días. Durante os Intercambios xuvenís, os participantes desenvolven un programa que planifican xuntos ao redor dun tema de interese mutuo (unha mestura de talleres, exercicios, debates, simulacións, xogos de rol, actividades ao aire libre, etc.). O proceso de aprendizaxe realízase a través de métodos de educación non formal e baséanse na cooperación transnacional entre dúas ou máis organizacións participantes de diferentes países da Unión Europea e fóra dela.

¿Quen pode participar?

  • Organizacións participantes: que son as que presentan e xestionan os proxectos en representación dos participantes .
  • Participantes
    • Mozos de idades comprendidas entre 13 e 30 anos, residentes nos países involucrados no proxecto.
    • Un intercambio xuvenil debe ter un mínimo de 16 e un máximo de 60 participantes (sen incluír ao/os lider/é do grupo).
    • Un mínimo de 4 participantes por grupo (líder/é non incluídos).
    • Todos os grupos nacionais deben ter polo menos un/a líder de grupo.

¿Canto dura unha actividade de intercambio?

De 5 a 21 días, excluído o tempo de viaxe. A duración da actividade é diferente á duración do proxecto en si, que oscila entre un mínimo de 3 meses e un máximo de 24 meses.

¿Como pode unha organización presentar unha solicitude?

Debe esperar a que se abra unha das tres convocatorias anuais, pero antes de encher unha solicitude, todas as organizacións que desexen participar en Erasmus+ deberán rexistrar a súa organización no Servizo de Autenticación da Comisión Europea (ECAS). Tes toda a información picando aquí.

¿Como se pode atopar un socio para un proxecto?

A través da plataforma OTLAS que é unha ferramenta online para organizacións no ámbito da mocidade. Nela poden rexistrar os seus datos de contacto e ámbitos de interese, así como as súas peticións de socios/interlocutores para ideas de proxectos.

MÁIS INFO:


Non perdas

  • Bolsas Europa FP-Proxecto AcorEuropa VIII

    Inscricións:

    Dende o 13/12/2018 ata o 28/12/2018

  • Programación Decembro Punto de Encontro Mocidade Sagrada Familia

    Cando:

    Dende o 01/12/2018 ata o 30/12/2018

  • “Collage e Cor"

    Cando:

    Dende o 21/11/2018 ata o 21/12/2018

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?