Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Oposicións. Traballar para a UE.

A Oficina de Selección de Persoal da Unión Europea (EPSO) é o organismo competente en materia de selección de persoal, aínda que algunhas entidades poden convocar os seus propios procesos de selección.

A UE conta con dous tipos de persoal propio:

PERSOAL ESTATUTARIO (FUNCIONARIOS)

Distínguense dúas categorías:

  • Administradores: exercen funcións clave nos procesos lexislativos e orzamentarios da UE.
  • Asistentes: desempeñan tarefas de xestión interna, en particular sobre asuntos orzamentarios e financeiros, xestión de persoal, informática etc... Tamén poden axudar a aplicar políticas nos distintos sectores de actividade da UE.

Como chegar a ser funcionario de carreira?

A selección de funcionarios efectúase por medio de oposicións xerais organizadas pola Oficina Europea de Selección de Persoal (EPSO).

As probas para seleccionar os candidatos máis idóneos baséanse en exercicios con preguntas de tipo test nas que valorarán as túas competencias xerais en determinados ámbitos (análises e resolución de problemas, comunicación, calidade e resultados, aprendizaxe e desenvolvemento, determinación de prioridades e organización…) e probas nun centro de avaliación. A maioría das probas realízanse nunha das tres linguas seguintes: inglés, francés ou alemán, para as que se require un nivel de coñecementos superior ao equivalente a B2.

Os candidatos que superan unha oposición quedan inscritos nunha lista de reserva á que recorren as institucións en función das súas necesidades. Os departamentos que desexan cubrir postos vacantes consultan as listas de reserva despois de estudar as candidaturas internas.

PERSOAL LABORAL (AXENTES)

Existen tamén dous tipos de persoal laboral:

  • Axentes contractuais: contrátanse para prestar servizos de apoio manual ou administrativo.

Como acceder a un emprego de axente contractual?

Deberás presentar a túa solicitude a unha convocatoria da EPSO. O procedemento de selección é dobre: na primeira fase realízanse probas de razoamento ou unha preselección por currículo (en función do perfil) e na segunda unha proba por competencias.

  • Axentes temporais: para realizar traballos non habituais (moi especializados) ou temporais; paliar a falta de persoal cando se esgotan as listas de reserva das oposicións; traballar nos equipos dos comisarios («gabinetes»); ou cubrir necesidades específicas no campo científico.

Como acceder a un emprego de axente temporal?

Aínda que se pode publicar a convocatoria no sitio web da EPSO, o habitual é que as institucións e axencias o publiquen nas súas propias páxinas web, de aí a conveniencia de visitar periodicamente os sitios nas que máis che gustaría traballar. Tamén podes consultalo premendo aquí.

Tamén podes solicitar un emprego temporal presentando a túa candidatura espontánea introducindo o seu currículo vitae en EU CV Online, o sistema de currículo en liña da UE.

Outros tipos de emprego

A web da EPSO ofrece información sobre outros procesos de selección, como traballos eventuais, intérprete freelance, expertos da UE…

Máis info:

Non perdas

Actividades

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?