Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

Proxectos de Voluntariado - Erasmus+

O Proxecto de Voluntariado apoia o traballo voluntario transnacional da mocidade. O seu obxectivo é desenvolver a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade, fundamentalmente para reforzar a cohesión social na Unión Europea.

As persoas voluntarias, de entre 17 e 30 anos, desenvolven a actividade de voluntariado nun país distinto do seu país de residencia. Esta actividade, non remunerada e sen ánimo de lucro, realízase a tempo completo durante un período determinado en beneficio da comunidade. As actividades poden ser culturais, de deportes, de axuda social, de medio ambiente etc.

Ao final do teu período de servizo no Proxecto de Voluntariado expediráseche un certificado que confirmará a túa participación e describirá o teu proxecto: o "Youthpass".

Como funciona?

Un Proxecto de Voluntariado é unha asociación entre dúas ou máis organizacións promotoras que son as que se encargan de seleccionar voluntarios/as para o seu proxecto.

As persoas voluntarias participan no Proxecto de Voluntariado a través dunha organización de envío no país onde viven e unha organización de acollida que os recibe e alberga durante a misión.

Canto dura?

Os proxectos duran entre 2 e 12 meses.

Recibirei algunha axuda?

Recibirás aloxamento e alimentación gratuítos, un seguro e diñeiro de peto. É posible que teñas que aboar unha pequena contribución aos gastos de viaxe.

Como o solicito?

Na Coruña están acreditados:

  • Asociación Cultural Ingalicia

Rúa Manuel Azaña, 10, 2. 15001 A Coruña. Tfno.: +34 692 372 780 info@ingalicia.org www.ingalicia.org

  • Asociación Cultural Integra

Rúa Adelaida Muro, 1B - Baixo A. 15002 - A Coruña. Tfno.: +34 981 260 365 info@integracoruna.com www.integracoruna.com

  • Asociación Cultural Muxelka

Tfno.: +34 636 649 519 info@muxelka.org muxelka@gmail.com muxelka.org

  • Fundación Paideia

Praza de María Pita, 17 15001 A Coruña. Tfno.: +34 981 223 927 voluntariadoeuropeo@paideia.es www.paideia.es

  • Liga Reumatolóxica Galega

Rúa Venela s/n. Centro social "A Silva" Travesía Orillamar, 7. 15002 A Coruña. Tfno.: +34 981 236 586 info@ligagalega.org www.ligareumatoloxicagalega.es

  • Tesouros de Galicia

adm@tesourosdegalicia.com www.tesourosdegalicia.com

Info-kit Proxecto de Voluntariado

Documento elaborado pola Comisión Europea que ten por obxectivo servir de apoio ao voluntariado e ás súas organizacións de envío na preparación antes da saída.

Consulta toda o relacionado co kit informativo.

MÁIS INFO

Onde estamos

Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)

Fórum Metropolitano

  • R/ Río Monelos, s/n, 15006 A Coruña
  • Tel.: 981 184 294
  • Fax: 981 184 295
  • Email: cmix@coruna.es
  • Horario: De luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. Sábados, de 11 a 14 h.
  • Horario de verán: pechado os sábados.
  • Agosto: De luns a venres, de 09:30 a 14:30 h.
  • Servizo de orientación legal: De luns a xoves, de 17 a 20 h.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?