Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

A documentación

Lembra que deberás levar a túa documentación en regra, comproba que o teu DNI ou pasaporte non estean caducados e se es menor de idade e non vas acompañado de teu pai/nai ou titor, deberás levar unha autorización paterna para viaxar ao estranxeiro.

Para viaxar aos países da U.E. (Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia), é suficiente o DNI. Non obstante, infórmate ben de toda a documentación necesaria no teu destino e se debes adoptar algunhas precaucións sanitarias e de seguridade. Podes consultar as páxinas do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

- Para obter asistencia sanitaria en Europa, pasa por un Centro de Atención e Información da Seguridade Social e solicita a Tarxeta Sanitaria Europea.

CAISS 1: Avda. Pedro Barrié de la Maza, 18 baixo. 15003 A Coruña. Tlf. 981 221 833/ 981 221 945/ 981 222 140.

CAISS 2: rúa Félix Estrada Catoira, esq. rúa Fernando Rey. 15007 A Coruña. Tlf. 981 153 486/ 981 153 500/ 981 153 537.

Tamén se pode solicitar por Internet, a través da Sede Electrónica da Seguridade Social (sede.seg-social.gob.es).
Estados nos que é válida a TSE: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suiza. Para outros países, deberás xestionar un seguro privado.

Para viaxar a algúns países é necesario poñer certas vacinas, por iso se vas a áreas non desenvolvidas pide cita no Servizo de Sanidade Exterior (Durán Loriga 3, 5º planta - A Coruña. Teléfono de cita previa: 981 98 95 70), onde recibirás o tratamento necesario. A consulta debería realizarse alomenos 4-8 semanas antes da viaxe e sería preferible antes no caso dunha viaxe de longa duración.

Nalgúns países onde as condicións sanitarias non son as máis adecuadas, deberás ter especial coidado coa auga. Bebe sempre auga embotellada, e procura non tomar alimentos crus.

Nalgúns países, pode resultar complicado atopar medicamentos, artigos de hixiene ou de primeiros auxilios. Sé previsor e inclúe unha pequena caixa de primeiros auxilios.

- Un carné de conducir emitido por un país da U.E. é válido en todos os demais estados membros. A póliza de seguro do teu coche ofréceche automaticamente a cobertura mínima (seguro a terceiros), que esixe a lexislación de calquera país da U.E. (tamén é aplicable a Islandia, Noruega e Suíza).

- Lembra que tes á túa disposición unha serie de carnés especiais cos que poderás obter interesantes descontos ou aloxarte en albergues:

Carné Xove Euro<30 para persoas de 12 a 30 anos (ambos incluídos), ten un prezo de 6 euros e unha vixencia de 2 anos a partir da data de expedición.

Carné Internacional de Estudante (ISIC) para persoas maiores de 12 anos, sen límite de idade, que sexan estudantes. Ten un prezo de 9 euros e validez dende o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte (16 meses), ou no seu defecto dende a data en que se emita o carné ata a data anteriormente indicada.

Carné Internacional de Viaxes para a Mocidade (IYTC) para persoas entre 12 e 30 anos, ten un prezo de 9 euros e unha vixencia dun ano dende a data de emisión.

Carné de Alberguista recoñecido internacionalmente e válido para utilizar nos albergues xuvenís Hostelling International. Hai diferentes modalidades:

Xove<25 (de 14 a 25 anos): 6 euros

Xove>25 (de 26 a 29 anos): 6 euros

Adulto (+ 30 anos): 13 euros

Grupo (número mínimo 10 persoas): 16 euros

Familiar (matrimonio e fillos): 21 euros

Selos de benvida: 3,5 euros (adquírense no albergue)

Todos os prezos na expedición de carnés dirixidos á mocidade non serán aplicables ás persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que terán dereito a súa expedición gratuíta.

Se che gusta ir de camping ou gozar da montaña tamén son de interese o Carné Internacional de Campista e o Carné Federado de Montaña.

- Ademais...

Ten coidado cos cartos, non leves moita cantidade en efectivo. O máis seguro é levar unha tarxeta de crédito ou cheques de viaxe.

O euro é a moeda común de 19 países da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.

Os países da UE que non utilizan o euro son Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Hungría, Polonia, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia.

Máis información sobre viaxar pola Unión Europea (países, dereitos, viaxar con mascotas, artigos que se poden levar, etc) en http://europa.eu/eu-life/travel-tourism/index_es.htm

 

Algúns trucos, como levar fotocopias dos documentos gardados en lugar distinto dos orixinais, poden axilizar os trámites en caso de roubo ou perda da documentación.

Leva os teléfonos da axencia de viaxes, os folletos que che desen e os teléfonos e enderezos das embaixadas e consulados.

Respecta as leis doutros países, que, en moitos casos, difiren de forma sustancial das leis españolas. Esta recomendación é especialmente importante no que se refire á tenencia e ao tráfico de estupefacientes (incluído o alcohol, nalgúns países), e respecta a cultura e os costumes do país ou da rexión que visites.

Non perdas

  • Nocturnia outubro-decembro 2018. Programa de ocio alternativo.

    Cando:

    Dende o 26/10/2018 ata o 15/12/2018

    Inscricións:

    con diferentes prazos de inscrición para cada actividade.

  • Intercambios profesionais Galicia-Norte de Portugal (Proxecto Lidera)

    Cando:

    Dende o 02/12/2018 ata o 07/12/2018

    Inscricións:

    Dende o 07/11/2018 ata o 20/11/2018

  • Obradoiros sobre saúde afectivo-sexual "Tarde Xove"

    Cando:

    Dende o 17/10/2018 ata o 31/01/2019

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?