Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

CMIX

O aloxamento

Un tipo de aloxamento económico son os albergues xuvenís. Ademais, moitos deles ofrecen actividades alternativas, como rutas de sendeirismo, cicloturismo, deportes naúticos...

Hostelling International é o nome da Federación Internacional de Albergues Xuvenís (IYHF) que engloba as distintas asociacións nacionais de albergues xuvenís, no caso de España a REAX. Podes utilizar estes albergues se tes o carné de alberguista.

Albergues asociados a Hostelling International

Ademais dos anteriores hai outros tipo de Albergues non integrados na Rede Internacional de Albergues Xuvenís, polo que non é necesario carné de alberguista. Páxinas como www.hostels.com ou www.hostelworld.com ofrecen reservas en albergues independentes.

- O aloxamento en cámping é unha opción moi apetecible nos meses de verán, especialmente se che gusta o contacto coa natureza. Ademais, é unha forma de aloxamento realmente económica. Podes atopar moita información sobre cámpings en: www.eurocampings.net e www.campistasfecc.com

Se che gusta saír de acampada, tes que ter en conta que a acampada libre non está permitida en Galicia. É posible a acampada itinerante sempre e cando cumpras determinados requisitos: máximo de tres tendas, caravanas ou calquera outro medio de acampada, e que non aloxen a máis de 9 persoas, separados doutros posibles grupos por unha distancia mínima de 500 metros e cunha permanencia máxima de dúas noites (para pasar a segunda noite hai que pedir unha autorización municipal). Non se pode practicar a acampada itinerante a menos de tres quilómetros de distancia dun cámping público, nos núcleos urbanos, nos lugares de uso público ou zonas habitualmente concorridas, a menos de 300 metros da liña de deslinde da zona marítimo-terrestre nin tampouco a menos de 100 metros das marxes dun río ou estrada.

Para evitar problemas, o mellor é solicitarlles un permiso ás autoridades municipais dende o primeiro momento, e por suposto, gardar en todo momento as medidas de seguridade necesarias para preservar o entorno.

- Nalgunhas cidades, tanto de España como do estranxeiro, é posible conseguir aloxamento en residencias universitarias, que acollen viaxeiros durante os meses de verán. Teno moi en conta porque adoitan ser bastante baratas e os servizos que ofrecen moi aceptables.

A empresa RESA (Residencias de Estudantes S.A.) xestiona un bo número de residencias por toda España e ofrece estadías en réxime de apartahotel para estadías curtas nalgúns dos seus establecementos, como por exemplo Barcelona, Bilbao, Granada, Madrid, Pamplona, San Sebastián e Sevilla. Ademais, se vas viaxar en grupo, contan con cuartos, instalacións e servizos para acoller grupos

- Unha modalidade de aloxamento moi habitual nalgúns países europeos como o Reino Unido, Irlanda, Alemaña ou Italia, é a "bed and breakfast" (literalmente, cama e almorzo), que consiste en aloxarse en casas particulares habilitadas para acoller viaxeiros e que normalmente ofrecen prezos máis económicos cós hoteis.

- Outras posibilidades menos convencionais:

https://www.couchsurfing.org O CouchSurfing é un sistema de intercambio de aloxamentos (“sofás”) en casas de xente contactada a través da página web oficial. Pero este “intercambio de sofás”, é ademais un intercambio cultural entre dúas ou máis persoas, os que aloxan e os que “surfean”.

http://www.prestametusofa.com, consiste en intercambiar un espazo na túa casa, de maneira que consigas aforrar os cartos dos hoteis e sexa tamén unha maneira de fomentar novas amizades noutras cidades.

http://www.intercambiocasas.com / http://www.intercambiarcasa.es para os que dispoñades dunha vivenda propia, e queirades cambiala por outra durante as vacacións noutra cidade ou país.

https://www.airbnb.es Airbnb é un mercado comunitario no que xente descobre e reserva aloxamentos en todo o mundo.

Non perdas

  • Exposición “O circo da vida” na sala Plataforma14

    Cando:

    Dende o 25/05/2018 ata o 25/06/2018

  • Campamentos deportivos Deputación da Coruña. Verán 2018

    Cando:

    Dende o 22/07/2018 ata o 27/07/2018

    Inscricións:

    Ata o 15/06/2018

    ás 14:00 horas

  • Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior. Curso 2018-2019

    Cando:

    Proba de madureza: 3 de xullo. Proba específica: 10 de xullo. Realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

    Inscricións:

    Dende o 23/05/2018 ata o 25/06/2018

    A inscrición farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas. Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como 1ª ou única opción.

Actividades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?